Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE POLONIA? IV

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é, aproximadamente, 312.000 km2. Para ser exactos 312.696 km2. Para que fagas comparación, España ten 506.030 km2, Portugal ten 92.152 km2 e Francia ten 643.801 km2.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Que poboación, aproximada, ten Polonia?

- 30 millóns

- 37 millóns

 -45 millóns

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e  countrymeters.info/es      Imaxes:es.wikipedia.org e conocepoloniaya.blogspot.com

#DígochoEu: Cibercarrachos: Escoitaches falar algunha vez do ‘jailbreaking’ e do ‘rooting’?

Escoitaches falar algunha vez do ’jailbreaking’ e do ’rooting’? Pois toma nota deles! Poden implicar abrirlles a porta aos cibercarrachos!

#DígochoEu

POR QUE OLVIDAMOS UNHAS COUSAS E OUTRAS NON?

Que sucede no cerebro cando esquecemos onde deixamos as chaves ou que buscabamos na cociña? Por que algunhas enfermidades que afectan á memoria pode roubar case todos os recordos, menos os que están relacionados con emocións? E como pode a neuropsicología apoiar á educación no diagnóstico precoz de problemas do desenvolvemento, atención e linguaxe?

A estas e outras preguntas responde Saul Martinez-Horta, doutor en Medicina e especialista en Neuropsicología clínica, autor dos libros ‘Onde están as chaves’ e ‘Cerebros rotos’, onde reúne exemplos da súa ampla experiencia clínica no ámbito do dano cerebral, trastornos do neurodesarrollo e enfermidades neurodexenerativas. “En neuropsicoloxía, o noso obxecto de estudo é aquilo que sucede cando o cerebro estrágase. Saber en que se traduce que un cerebro deixe de facer aquelas cousas que fai para que un ser humano funcione acorde a como é un ser humano. Nós somos arqueólogos dos procesos cognitivos, exploradores que utilizamos unha serie de ferramentas nun intento para comprender, por exemplo, se está a fallar a memoria, a expensas de que está a fallar? Cal dos procesos implicados no que chamamos memoria pode dar lugar a que unha persoa aparentemente non sexa capaz de lembrar?”, expón o doutor, que combina o seu labor divulgador co seu traballo e investigación no Servizo de Neuroloxía do Hospital da Santa Creu i Sant Pau e a dirección do departamento de Neuropsicoloxía do Centro de Diagnóstico e Intervención Neurocognitiva (CDINC) en Barcelona.

CANTO SABES DE POLONIA? III

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é 2. A saber...

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Que extensión, aproximada, ten Polonia?

- 302.000 km2

- 312.000 km2

- 352.000 km2

Mañá a solución e unha nova proposta!

ONTE: es.wikipedia.org       Imaxes:es.wikipedia.org e Google Map

#DígochoEu: Non confundas os ‘videntes’ cos ‘bidentes’

En galego temos a mesma palabra con v e con b, pero loxicamente con significados moi distintos!

#DígochoEu

CANTO SABES DE POLONIA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A coniestación á pregunta de onte é Varsovia. É a capital e cidade máis poboada de Polonia. A cidade atópase na chaira do río Vístula no corazón da rexión de Mazowsze (da que tamén é capital), aproximadamente a medio camiño tanto da costa do mar Báltico coma dos Montes Cárpatos. Curiosamente, Cracovia foi capital de Polonia antes de Varsovia.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a bandeira de Polonia?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes:es.wikipedia.org

#DígochoEu: En galego non podes facer as cousas nun *periquete

En galego non temos a palabra *periquete. Entón para dicir que algo se acaba rapidamente que palabra temos? Esther sácanos de dúbidas!

#DígochoEu

CANTO SABES DE POLONIA?

Polonia é un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

Limita ao oeste con Alemaña, ao sur coa República Checa e con Eslovaquia, ao leste con Ucraína e con Bielorrusia, ao nordés con Lituania e o óblast ruso de Kaliningrado, e ao norte co mar Báltico.

Para coñecer algo mellor este páis, a serie que hoxe comezamos, ten como fin aportar datos e información sobre Polonia.

Pois imos aló!

1. Cal é a capital de Polonia?

- Cracovia

- Breslavia

- Varsovia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes:es.wikipedia.org e traveler.es