Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? IV

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de hoxe é Ámsterdam. É a capital dos Países Baixos. A cidade está situada entre a baía do IJ, ao norte, e ás beiras do río Amstel, ao sueste. Con todo, a organización e a administración do Reino radican na Haia, sede oficial da monarquía, así como das súas autoridades executivas, lexislativas e xudiciais.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é a bandeira dos Países Baixos?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? III

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de hoxe é Os municipios especiais de Bonaire e Saba e San Eustaquio. Bonaire é un municipio especial que abrangue a illa homónima e a deshabitada illa de Klein. Está situada no sur do mar Caribe, fronte á costa occidental de Venezuela. Saba é unha pequena illa (13 km²) que constitúe un municipio especial a uns 250 km. ao sueste de Porto Rico. San Eustaquio, tamén coñecido localmente como Statia é unha illa das Antillas Holandesas que forma parte do arquipélago das Illas de Barlovento, que á súa vez forman parte das Antillas Menores, e ten 21 km².

 

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a capital de Países Baixos?

- Eindhoven

- Utrecht

- Róterdam

- Ámsterdam

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org           Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de hoxe é N mar do Norte, S Bélxica, E Alemaña e W mar do Norte. Vexamos!

E imos coa pregunta de hoxe!

2. O Reino dos Países baixos está formado por o territorio europeo e…

- Os municipios especiais de Bonaire e Saba

- Os municipios especiais de San Eustaquio e Saba

- Os municipios especiais de Bonaire e Saba e San Eustaquio

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxes: freeworldmaps.net

#DígochoEu: Aprende a distinguir entre 'porqué', 'porque' e 'por que'

É fácil meter a zoca á hora de usar estas tres palabriñas, así que hoxe traemos un capítulo para aprender a distinguilas!

#DígochoEu

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS?

Os Países Baixos (Nederland) están localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea.

Es das persoas que adoitan confundir Holanda con Países Baixos, sen saber que é o mesmo país?

O Reino dos Países Baixos é a tradución ao galego de Nederland. Este termo provén á súa vez do neerlandés "Neder landen", que significa terras baixas.

Este país europeo denomínase así porque se atopa parcialmente debaixo do nivel medio do mar. En cambio, “Holanda” é un derivado da rexión homónima que se atopa no oeste do país.

O nome Holanda designa estritamente unha rexión occidental dos Países Baixos, dividida en dúas provincias, Holanda do Norte e Holanda do Sur.

Este e outros datos serviranche para coñecer este gran país. Anímaste?

Pois comezamos!

1. Tal como dixemos, Países baixos atópanse no noeste de Europa, pero con quen limita?

- N mar do Norte, S Bélxica, E Alemaña e W mar do Norte

- N mar do Norte, S Alemaña, E Béxica e W océano Atántico

- N Finlandia, S Béxica, E Alemaña e W mar do Norte

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxes: Shutterstock/viajes.nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como se di *apaciguar en galego

*Apaciguar non é correcto en galego! Entón como se di? Esther resólvenos esta dúbida!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CANADÁ? XVI (FIN)

Remato coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é…

O rei Carlos III é o soberano do país, e por tanto é o rei. Como o monarca non reside en Canadá, este nomea un Gobernador Xeral (Mary Simon) que a representa e exerce os seus poderes. O Primeiro Ministro (Justin Trudeau) é o xefe de goberno, que para garantir un goberno estable deberá ser sempre aquel que teña a confianza da Cámara dos Comúns. Na práctica, o primeiro ministro vai ser o líder do partido político máis forte na Cámara dos Comúns, o cal normalmente ten a maioría dos escanos na cámara baixa e forma un goberno de maioría.

E así remata esta serie que espero que axudase a coñecer algo máis deste gran país.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org 

#DígochoEu: Escachar’ ou ‘escarallar’?

 

Esther resólvenos esta dúbida!

#DígochoEu