Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE CANADÁ? XVI (FIN)

Remato coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é…

O rei Carlos III é o soberano do país, e por tanto é o rei. Como o monarca non reside en Canadá, este nomea un Gobernador Xeral (Mary Simon) que a representa e exerce os seus poderes. O Primeiro Ministro (Justin Trudeau) é o xefe de goberno, que para garantir un goberno estable deberá ser sempre aquel que teña a confianza da Cámara dos Comúns. Na práctica, o primeiro ministro vai ser o líder do partido político máis forte na Cámara dos Comúns, o cal normalmente ten a maioría dos escanos na cámara baixa e forma un goberno de maioría.

E así remata esta serie que espero que axudase a coñecer algo máis deste gran país.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org 

#DígochoEu: Escachar’ ou ‘escarallar’?

 

Esther resólvenos esta dúbida!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CANADÁ? XV

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é Arce. Concretamente o arce vermello (Acer rubrum) coñecido aquí como pradairo vermello. A súa folla aparece na bandeira canadense.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

15. Aquí tes os que dalgunha forma gobernan Canadá. Saberías dicir a función de cada un?

- Rei soberano do país

- Gobernador Xeral

- Primeiro Ministro

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org 

CANTO SABES DE CANADÁ? XIV

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é Castor. O Castor canadiensis é unha especie de roedor castorimorfo da familia Castoridae, que segundo a National Symbol of Canada Act, lei promulgada no ano 1975, recoñécese e declara que ao castor como símbolo da soberanía de Canadá.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Cal é a planta (árbore) oficial de Canada?

- Piñeiro

- Abeto

- Arce

- Olmo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.numita.com e arbolitos.es  

CANTO SABES DE CANADÁ? XIII

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte Dólar canadense. Canadá decidiu usar o dólar en lugar da líbra esterlina británica por mor da difusión do chamado dólar español ou peso en América do Norte durante o século XVIII e principios do XIX, e por mor da xeneralización do dólar estadounidense. A rexión que corresponde ao actual Quebec, en particular, favoreceu o uso do dólar (o Banco de Montreal emitiu billetes de dólares en 1817), mentres que as colonias atlánticas, que tiñan uns vínculos máis fortes co Reino Unido, non eran tan partidarias. A provincia de Canadá declarou que todas as contas faríanse en dólares o 1 de xullo de 1858, e ordenaron a emisión dos primeiros dólares canadenses oficiais ese mesmo ano. As colonias, que ao cabo de pouco tempo uniríanse na Confederación Canadense, adoptaron progresivamente un sistema decimal nos anos seguintes. Finalmente, o goberno aprobou a Uniform Currency Act (lei de unificación monetaria) en abril de 1871, que substituía as moedas das diversas provincias por un dólar canadense común a todas.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é o animal nacional e símbolo de Canadá?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: debate.com.mx e es.wikipedia.org  

CANTO SABES DE CANADÁ? XII

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é Inglés e Francés.  Entre os idiomas que se falan en Canadá, só o inglés (que o fala o 90 % dos canadenses) e o francés (que o fala o 60 % da poboación) teñen status oficial. A constitución de Canadá en si recoñece dúas linguas oficiais, inglés e francés, e todas as actas constitucionais están en ambas as linguas. Destaca o inuit polo seu status oficial en Territorios do Noroeste, en Nunavut e en Nunavik, Quebec. Curiosamente o terceiro idioma máis falado é o español.

1. Inglés   2. Bilingúe (Inglés/Fracés)     3. Francés

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é a moeda oficial de Candá?

- Libra esterlina

- Dólar americano

- Dólar español

- Dólar canadense

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e icambio.es

CANTO SABES DE CANADÁ? XI

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é Aproximadamente 200.00 km. Segundo The World Factbook, ten exactamente 202.080 km. Séguelle Indonesia con 54.716 km de costa.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é o idioma oficial de Canadá?

- Inglés

- Francés

- Inglés e Francés

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: etsy.com/es e laportadacanada.com

CANTO SABES DE CANADÁ? X

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é Gran Lago do Oso. Este gran lago localizado no noroeste de Canadá, ten unha superficie é de 31.153 km², é o sétimo maior lago do mundo, o cuarto máis grande de América do Norte e o máis grande enteiramente en Canadá (son máis grandes o lago Superior e o Lago Hurón pero están a ambos os dous lados da fronteira entre Canadá e os Estados Unidos).

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Canadá ten una gran extensión de costa, o que o leva a ser o páis con máis litoral do mundo. Aproximadamente, canto é esa extensión?

- 100.000 Km

- 150.000 km

- 200.000 km

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org        Imaxes: es.wikipedia.org e traveler.es