Blogia
vgomez

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? XII

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte é IJsselmeer. Este lago é o máis importante dos Países Baixos, un lago artificial localizado no centro do país que anteriormente era parte do Zuiderzee («mar do sur»), un antigo entrante pouco profundo do mar do Norte. Ten unha superficie de 1.100 km² e pouca profundidade, cunha media de entre 5 e 6 m e unha máxima de 9,5 m. Foi creado en 1932, cando o mar interior Zuiderzee foi pechado polo dique Afsluitdijk, aínda que posteriormente fóronse ocupando terras ao lago. Funciona como unha gran reserva de auga doce para a agricultura e o consumo humano

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é o termo que define as superficies terrestres gañadas ao mar nos Pises baixos?

- Duna

- Pólder

- Dique

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e jadonceld.blogspot.com

0 comentarios