Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE BRASIL?



Brasil é o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

Queres coñecer máis sobre iste fastinante país? Si?

Pois comezamos!

1. Cal é a bandeira de Brasil?

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org         Imaxes: gl.wikipedia.org 

#DígochoEu: Non digas *taladro

 

Nin *taladro nin *taladrar son palabras correctas en galego!

#DígochoEu

#Dígochoeu: Non digas *mimoso

 

Non é correcto dicir *mimoso, porque a palabra ’mimo’ só ten un significado para a RAG.

#DígochoEu

CURIOSIDADES DO CORPO HUMANO IV

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada as curiosidades soprendentes do noso corpo, que nos acompaña a diario, desde que nos levantamos ata que nos deitamos.

Se onte falamos dos músculos, hoxe falaremos dos pulmóns.

4. Temos un pulmón máis grande có outro

Os pulmóns e o aparello respiratorio permítennos respirar. Permiten a entrada de osíxeno nos nosos corpos (inspiración ou inhalación) e expulsan o dióxido de carbono (expiración ou exhalación). Este intercambio de osíxeno e dióxido de carbono recibe o nome de "respiración".

Datos:

- En repouso, o corpo dun adulto inhala e exhala uns 6 litros de aire por minuto.   

- O pulmón dereito é lixeiramente máis grande que o esquerdo.   

- Os pelos do nariz axudan a limpar o aire que respiramos, ademais de quentalo.   

- A velocidade máis alta rexistrada para un esbirro é de 165 km/h.   

- A área dos pulmóns ten aproximadamente o mesmo tamaño que unha cancha de tenis.   

- Os capilares dos pulmóns medirían 1.600 quilómetros se se colocasen un detrás do outro.   

- Perdemos medio litro de auga ao día a través da respiración. É o vapor de auga que vemos cando exhalamos aire sobre un cristal.   

- Unha persoa en repouso respira normalmente de 12 a 15 veces por minuto.   

- O ritmo da respiración é máis rápido nos nenos e nas mulleres, que nos homes.

FONTE: Mar Aguilar/Srah Romero/Pedro Gargantilla/muyinteresante.es e universum.unam.mx

Continuará...

#DígochoEu: Non confundas 'longo' e 'largo'

 

Hoxe falamos de medidas e explicamos a diferenza entre ’largo’ e ’longo’.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *todavía

 

Nada de *todavía en galego! Este adverbio é castelan e debemos usar outro no seu lugar. Sabes cal é? Esther dínolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *cruce

 

En galego é posible cruzar pero non se debe usar a palabra *cruce porque é incorrecta.

#DígochoEu

#DígochoEu: É un lusismo 'segunda feira'?

 

Podemos dicir que hoxe é terceira feira? Neste #DígochoEu falamos sobre esta maneira de designar os días da semana e aclaramos se é válida en galego!