DOCENCIA
#DígochoEu: Non digas *todavía
Nada de *todavía en galego! Este adverbio é castelan e debemos usar outro no seu lugar. Sabes cal é? Esther dínolo!
#DígochoEu: Non digas *cruce
#DígochoEu: É un lusismo 'segunda feira'?
Podemos dicir que hoxe é terceira feira? Neste #DígochoEu falamos sobre esta maneira de designar os días da semana e aclaramos se é válida en galego!
CANTO SABES DE AUSTRALIA? XVII (FIN)
Remato coa serie adicada a Australia (Mancomunidade de Australia), o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última, é 1.901. Os aboríxenes provintes do Sueste Asiático foron os primeiros poboadores de Australia hai 40.000 anos. James Cook na súa expedición de 1768-70 tomou posesión do territorio en nome da Coroa británica. Entre 1787 e 1868 colonizouse con convictos e un século despois comezaron as ondas de inmigracións, coincidindo co descubrimento de xacementos auríferos.
A independencia de Australia foi un proceso graduado que comezou en 1901, cando seis colonias, que agora son estados, formaron a "Mancomunidade de Australia" e consolidouse co Estatuto de Westminster en 1931 e a Australia Act en 1986.
Os australianos decidiron nun referendo celebrado en 1999 que querían manter os vínculos coa Coroa británica.

E así remato a serie esperando que servise para coñecer mellor este gran país.
Ata a próxima serie!
Fonte: es.wilipedia.org Imaxe: es.wilipedia.org
#DígochoEu: Non digas *olvidar
CANTO SABES DE AUSTRALIA? XVI
Continúo coa serie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Dólar australiano. Código AUD é a moeda oficial da Mancomunidade de Australia, incluídos os Territorios Antárticos Australianos, a Illa de Nadal, as Illas Cocos, Illas Heard e McDonald e Isla Norfolk, así como dos estados independentes do Pacífico de Kiribati, Nauru e Tuvalu. Divídese en 100 centavos (cents). Entrou en curso legal o 14 de febreiro de 1966 en substitución da libra e o seu sistema pre-decimal.
1 dólar australiano (AUD) = 0,60 euros (EUR ou €)

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

17. En que ano se convertíu en nación Australia?
- 1.701
- 1.801
- 1.901
Mañá a solución e unha nova pregunta!
Fonte: es.wilipedia.org Imaxes: visitaaustralia.wordpress.com e es.wilipedia.org
#DígochoEu: Non digas *finca
Dependendo do significado exacto ao que nos refiramos podemos cambiar *finca por varias opcións que temos no galego. Ollo que tampouco vale *afincado!