Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *finca

 

Dependendo do significado exacto ao que nos refiramos podemos cambiar *finca por varias opcións que temos no galego. Ollo que tampouco vale *afincado!

#DígochoEu

CANTO SABES DE AUSTRALIA? XV

Continúo coa serie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Zarzo dourado (acacia). Golden Wattle (Zarzo dourado) ou Acacia Pycnantha, unha fermosa especie que florece ao sur de Australia, principalmente sobre a Península de Eyre, o oeste de Victoria e na Nova Gales do Sur. Aparece tamén no escudo do país, coa súa cor amarela característica.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Cal é a moeda oficial de Australia?

- Libra australiana

- Dólar americano

- Dólar australiano

Mañá a solución e unha nova pregunta!

Fonte: es.wilipedia.org    Imaxes:  es.wilipedia.org

CANTO SABES DE AUSTRALIA? XIV

Continúo coa serie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Canguro e Emú.  Aínda que a miúdo o canguro é asociado a Australia e moitos cidadáns considérano un emblema nacional, este animal nunca foi proclamado oficialmente como un símbolo do país, aínda que a figura dun canguro forma parte do escudo da nación, xunto co Emú.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Cal é a flor oficial de Australia?

- Eucalipto regans (Eucalipto)

- Zarzo dourado (acacia)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

Fonte: es.wilipedia.org    Imaxes:  es.wikipedia.org e sobreaustralia.com

#DígochoEu: Non digas *caña

 

Alucina! En galego non podemos ir de *cañas porque *caña é incorrecto!

#DígochoEu

CANTO SABES DE AUSTRALIA? XIII

Continúo coa serie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Monarquía Constitucional parlamentaria Federal. O sistema de goberno australiano combina elementos derivados dos sistemas políticos do Reino Unido (executivo fusionado, monarquía constitucional) e dos Estados Unidos (federalismo, constitución escrita, forte bicameralismo), xunto con características indíxenas distintivas, e por tanto caracterizouse como unha "Mutación de Washminster".

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal ou cales son os animais oficias de Asustralia?

- Canguro

- Coala

- Emú

- Canguro e Emú

- Canguro e Coala

Mañá a solución e unha nova pregunta!

Fonte: es.wilipedia.org    Imaxes: es.wilipedia.org

#DígochoEu: Concurso 2023-2024

 

Participa nos III Premios #DígochoEu!

Consulta as bases en digochoeu.gal

CANTO SABES DE AUSTRALIA? XII

Continúo coa serie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é aproximadamente 25 millóns de habitantes. A poboación de Australia estímase nuns 25,8 millóns de habitantes (datos de 2021). É o 52º país máis poboado do mundo e o máis poboado de Oceanía. A poboación experimentou un espectacular crecemento no último século, chegando a cuadriplicarse desde o final da Segunda Guerra Mundial. As proxeccións indican que se alcanzará a cifra de 28 millóns en 2030.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é o sistema de gobernó de Australia?

- Monarquía Parlamentaria

- República Federal

- Monarquía Constitucional parlamentaria Federal

Mañá a solución e unha nova pregunta!

Fonte: es.wilipedia.org    Imaxes:  es.wilipedia.org

#DígochoEu: Non digas nin escribas 'Vivo en A Coruña'

 

Cando un topónimo que ten artigo vai acompañado dunha preposición hai unha norma que debes seguir!

#DígochoEu