Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #CiberEsther (Ollo coas cámaras dos móbiles!)

 

Sabías que as cámaras do teu móbil poden ser un instrumento dos ’cibercarrachos’ para espiarte? Presta atención aos consellos de CiberEsther!

#DígochoEu

CANTO SABES DE AUSTRALIA? III

Continúo co aserie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Canberra. Sydney e Melbourne non se poñían de acordo sobre cal delas tiña que ser a capital de Australia. As dúas querían selo así que o arranxaron cun ‘nin para tí nin para min’: decidiron construír unha cidade completamente nova.En 1908 fundaron Canberra case a metade de camiño entre as dúas para albergar a capital. Conta cunha poboación de 370.000 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a bandeira de Australia?

 

Mañá a solución e unha nova pregunta!

Fonte: es.wilipedia.org    Imaxes:  travelingajadulu.com e es.wilipedia.org

CANTO SABES DE AUSTRALIA? II

Continúo co aserie, que onte iniciamos, adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Océano austral (ou Antártico) ao sur, océano Índico ao norte e ao oeste e océano Pacífico ao leste.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a capital de Australia?

- Sydney

- Melbourne

- Canberra

Mañá a solución e unha nova pregunta!

Fonte: es.wilipedia.org    Imaxes:  proyectoviajero.com e es.wilipedia.org

CANTO SABES DE AUSTRALIA?

Australia é tan grande e alberga tanta grandeza que é moi difícil condensar todo o bo que se pode dicir sobre este país, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

Queres coñecelo? Pois empezamos!

1. Australia en un continente pero está rodeado de auga...

- Océano austral (ou Antártico) ao sur, océano Índico ao norte e ao oeste e  océano Pacífico ao leste.

- Océano austral ao norte, océano Índico ao leste e  océano Pacífico ao oeste.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: donde-esta.org e hrw.org

CANTO SABES DE XAPÓN? XXI (FIN)

Remato coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man. 

A contestación correcta á pregunta de onte, e última, é Fumio Kishida. Xapón é unha Monarquía Constitucional con goberno parlamentario. O Xefe de Estado é SM Emperador Naruhito desde o 1 de maio de 2019, data en que se iniciou o período Reiwa. Sucedeu a SM Emperador Akihito (Emperador do período Heisei). O Xefe de Goberno é o Primeiro Ministro Fumio Kishida, quen encabeza o Gabinete e designa aos Ministros. O Viceprimeiro Ministro é Taro Aso, quen tamén actúa como Ministro de Finanzas.

E así remato esta serie esperando que servise para repasar ou coñecer algo mellor este país con tanta personalidade.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE XAPÓN? XX

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Sumo 相撲. O sumo ou loita sumo é un deporte de combate e arte marcial onde dous loitadores ou rikishi enfróntanse corpo a corpo co obxectivo de lanzar o seu rival ao chan ou fose da área circular. É de orixe xaponesa. Nese país está considerado unha arte, e ademais mantén gran parte da tradición sintoísta antiga. É o deporte nacional do Xapón.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

20. Quen é o Xefe go Goberno e Primeiro ministro de Xapón?

 

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: cicha.jp e es.wikipedia.org

#DígochoEu: #CiberEsther (Tapa a cámara do portátil!)

 

Non se trata de ningunha paranoia. Para que vas ter activada unha cámara se non a estás usando?

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAPÓN? XIX

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.   

A contestación correcta á pregunta de onte é Catana . É un sabre curvado de fío único e punta aguzada tradicionalmente utilizado polos samurái. O seu tamaño rolda o metro de lonxitude e pesa ao redor dun quilo.

 

E imos coa pregunta de hoxe!


相撲


19. Cal é o deporte nacional xaponés?

- karate

- Sumo

- Judo

- Aikido

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org