Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE XAPÓN? XVIII

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Unha artista tradicional xaponesa. Unha gueixa é unha artista tradicional xaponesa cuxas labores consisten en entreter en festas, reunións ou banquetes, xa sexan exclusivamente femininos como masculinos, ou ben mixtos. As súas habilidades inclúen varias artes como a música clásica, a danza, os xogos, e a conversa. Contrariamente á opinión popular, as gueixas non son un equivalente oriental das prostitutas, senón que a condición de gueixa é cultural, simbólica e chea de status, delicadeza e tradición. Ó longo dos séculos, ese contexto foi desenvolvido polo perfeccionamento da técnica desas artes e pola estrutura ríxida necesaria para se converter nunha gueixa. A súa aprendizaxe adoita comezar aos quince anos, ou ás veces a idades máis temperás.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. No soao idioma temos palabras xaponesas como samurai, tempura, manga, nipón, carateca, catana… A cal delas nos referimos se ves esto?

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e tatrutad.net  Imaxes: nippon.com e niten.org

#DígochoEu: Esbardallando (a lavalouza)

 

Hai un problema coa palabra "lavalouza"

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAPÓN? XVII

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Cerdeira. A árbore nacional de Xapón é o Sakura (cerdeira). Un símbolo de Xapón especialmente relacionado coa chegada da primavera e a tradición do Hanami. Aínda que a flor de Sakura é a máis fotografada, debuxada e querida, realmente non é a flor oficial que representa ao país, sendo esta o crisantemo.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Que é unha gueixa?

- Unha prostituta xaponesa

- Unha artista tradicional xaponesa

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: acofarmavivera.com e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Emperrarse e desemperrarse

 

En galego é incorrecto dicir *perro en vez de can, pero si que son correctas algunhas palabras derivadas desa palabra castelá.

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAPÓN? XVI

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Maruhito. (Tokio, 23 de febreiro de 1960), cuxo nome completo é Hiro-non-miya Naruhito, é o 126º e actual emperador do Trono do Crisantemo desde o 1 de maio de 2019 tras a abdicación do seu pai. É o fillo maior do emperador emérito Akihito e da emperatriz Michiko. A súa esposa e consorte é a emperatriz Masako. O seu ascenso ao trono deu inicio á era Reiwa, que será o seu nome póstumo como emperador.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Cal é a árbore nacional de Xapón?

- Crisantemo

- Cerdeira

- Amendoeira

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: freepik.es

#DígochoEu: Como se di? 'Plantilla'

 

Hai unha palabra en galego para ’plantilla’ no contexto dunha páxina web? Descúbreo con Esther!

#DígochoEu

#DígochoEu: Como se di 'pinganillo' en galego?

 

Tema de actualidade! Como se di ’pinganillo’ en #galego?

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAPÓN? XV

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Quimono. É unha peza tradicional xaponesa e o vestido nacional de Xapón. O quimono é unha peza envolta en forma de T con mangas cadradas e un corpo rectangular, e úsase co lado esquerdo envolto sobre o dereito, a menos que o usuario falecese. Úsase tradicionalmente cun obi, e comunmente úsase con accesorios como sandalias zōri e calcetíns tabi. Os quimonos chegan ata as partes baixas do corpo, como a canilla con pescozos escote en "tita" e amplas mangas. Hai varios tipos usados por homes, mulleres e nenos. O corte, a cor, a tea e as decoracións varían de acordo ao sexo, a idade, o estado marital, a época do ano e a ocasión. O quimono vístese cubrindo o corpo en forma envolvente como tipo regalo e suxeitado cunha faixa ancha chamada obi.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Cal é o actual emperador xaponés?

- Hirohito

- Akihito

- Maruhito

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e es.123rf.com