CANTO SABES DE XAPÓN? XVII
Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.
A contestación correcta á pregunta de onte é Cerdeira. A árbore nacional de Xapón é o Sakura (cerdeira). Un símbolo de Xapón especialmente relacionado coa chegada da primavera e a tradición do Hanami. Aínda que a flor de Sakura é a máis fotografada, debuxada e querida, realmente non é a flor oficial que representa ao país, sendo esta o crisantemo.
E imos coa pregunta de hoxe!
17. Que é unha gueixa?
- Unha prostituta xaponesa
- Unha artista tradicional xaponesa
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: acofarmavivera.com e gl.wikipedia.org
0 comentarios