CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? VI
Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.
A contestación correcta á pregunta de onte é Salween. Segundo un estudo de WWF (World Wild Fund for Nature/Fondo Mundial para a Natureza), Salween é o río máis contaminado, seguido do Danubio, o Río da Prata, o Río Grande e o Ganges. O río Salween, coñecido na China oficialmente como río Nu, é un río duns 2.815 km que flúe dende o altiplano do Tíbet ata o mar de Andaman en Asia do sueste.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Cal é o río máis curto de España?
- Río Darro
- Río Xenil
- Río Asón
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org
0 comentarios