Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE AUSTRALIA? VIII

Continúo coa serie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Eyre. O maior de Australia está situado no interior de Australia do Sur e que sitúase a 16 metros baixo o nivel do mar (o punto máis baixo de toda Australia). Este lago localízase en metade dunha zona desértica, polo que a maior parte das achegas fluviais que recibe se evapora con rapidez. A súa profundidade media sitúase ao redor dos 1,5 metros. Os seus límites son cambiantes, pero a súa extensión aproximada é dun 9.500 km².

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o punto máis elevado de Australia?

- Monte Bruce

- Monte Ossa

- Monte Kosziuszko

- Monte Zeil

Mañá a solución e unha nova pregunta!

Fonte: es.wilipedia.org    Imaxes:  saberespractico.com e scottleggo.com

CANTO SABES DE AUSTRALIA? VII

Continúo co aserie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Murray. Cos seus 2.375 km, tamén é o maís caudaloso. O río Darling é afluente do Murray, dando lugar O sistema Murray-Darling (3.672 km), formando  unha gran conca que abarca case todo o cuarto nororiental de Australia cunha extensión de máis de 1.000.000 km². Nace nos Alpes Australianos e desemboca no océano Índico, preto de Adelaida.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é o lago máis grande de Australia?

- Torrens

- Frome

- Gairdner

- Eyre

Mañá a solución e unha nova pregunta!

Fonte: es.wilipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e geografia.laguia2000.com

#DígochoEu: Non digas *espabila

 

En galego, por moita présa que teñamos, non *espabilamos!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AUSTRALIA? VI

Continúo co aserie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Sydney. É a cidade máis grande e poboada de Australia e Oceanía, sendo tamén capital do estado deNova Gales do Sur. Conta cunha poboación superior aos 5 millóns de habitantes, sendo o asentamento da primeira colonia británica en Australia.A segunda cidade de Melburne.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o río maís longo de Australia?

- Río Murrumbidgee   

- Río Murray

- Río Darling

Mañá a solución e unha nova pregunta!

Fonte: es.wilipedia.org    Imaxes:  linkhousegroup.net e alltrails.com/es

#DígochoEu: Como se di 'desarrollador'?

 

Hoxe resolvemos unha dúbida sobre un asunto informático

#DígochoEu

CANTO SABES DE AUSTRALIA? V

Continúo co aserie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é 6 estados e 3 territorios continentais. A saber, 6 estados: Nova Gales do Sur, Queensland, Australia Meridional, Tasmania, Victoria e Australia Occidental; e tres territorios continentais: o Territorio da Capital Australiana (ACT), o Territorio do Norte e o Territorio da Bahía de Jervis (JBT). Na maioría dos aspectos, o Territorio da Capital Australiana e o Territorio do Norte funcionan como estados, salvo que o Parlamento da Mancomunidade ten potestade para modificar ou derrogar calquera lexislación aprobada polos parlamentos dos territorios.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a cidade mías poboada de Australia?

- Brisbane

- Canberra

- Melburne

- Adelaida

- Sydney

Mañá a solución e unha nova pregunta!

Fonte: es.wilipedia.org    Imaxes:  es.wilipedia.org e istockphoto.com/es

CANTO SABES DE AUSTRALIA? IV

Continúo co aserie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. A bandeira de Australia está composta por un fondo de cor azul, coa bandeira do Reino Unido no cantón. Baixo este, atópase unha estrela branca de sete puntas, coñecida como a Commonwealth Star (as seis puntas representan os seis estados orixinais e a sétima os territorios e futuros estados de Australia). Na metade exterior da bandeira, aparece representada a constelación da Cruz do Sur (Crux Australis) composta por catro estrelas brancas de sete puntas de igual tamaño e unha menor de cinco puntas, organizadas exactamente como aparecen no ceo.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. A organización territorial de Australia é de..

- 5 estados e 3 territorios continentais

- 6 estados e 3 territorios continentais

- 7 estados e 3 territorios continentais

- 8 estados e 3 territorios continentais

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wilipedia.org    Imaxes: es.wilipedia.org e bbc.com

#DígochoEu: Como se di 'fotomatón'?

 

Preguntades todo tipo de dúbidas, e nós intentamos darlles resposta a todas

#DígochoEu