Blogia
vgomez

CANTO SABES DE AUSTRALIA? IV

Continúo co aserie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. A bandeira de Australia está composta por un fondo de cor azul, coa bandeira do Reino Unido no cantón. Baixo este, atópase unha estrela branca de sete puntas, coñecida como a Commonwealth Star (as seis puntas representan os seis estados orixinais e a sétima os territorios e futuros estados de Australia). Na metade exterior da bandeira, aparece representada a constelación da Cruz do Sur (Crux Australis) composta por catro estrelas brancas de sete puntas de igual tamaño e unha menor de cinco puntas, organizadas exactamente como aparecen no ceo.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. A organización territorial de Australia é de..

- 5 estados e 3 territorios continentais

- 6 estados e 3 territorios continentais

- 7 estados e 3 territorios continentais

- 8 estados e 3 territorios continentais

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wilipedia.org    Imaxes: es.wilipedia.org e bbc.com

0 comentarios