CANTO SABES DE AUSTRALIA? VII
Continúo co aserie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Río Murray. Cos seus 2.375 km, tamén é o maís caudaloso. O río Darling é afluente do Murray, dando lugar O sistema Murray-Darling (3.672 km), formando unha gran conca que abarca case todo o cuarto nororiental de Australia cunha extensión de máis de 1.000.000 km². Nace nos Alpes Australianos e desemboca no océano Índico, preto de Adelaida.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal é o lago máis grande de Australia?
- Torrens
- Frome
- Gairdner
- Eyre
Mañá a solución e unha nova pregunta!
Fonte: es.wilipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e geografia.laguia2000.com
0 comentarios