Blogia
vgomez

OSIRIS-REs VOLVE Á TERRA CON MATERIAL DO ASTEROIDE BENNU

Segundo o previsto nos minuciosos cálculos da NASA, a cápsula da nave OSIRIS-REx aterrou ás 16.52 (hora peninsular española) nun polígono militar restrinxido no deserto de Utah. A bordo transporta unha mostra de ao redor dun cuarto de quilo de material recolleito hai dous anos e medio no asteroide Bennu, unha rocha de 500 metros de diámetro cuxa forma lembra a un diamante e que orbita entre a Terra e Marte.

A cápsula, duns 80 centímetros de diámetro, desprendeuse da nave principal catro horas e 100.000 quilómetros antes de tocar terra, executando unha reentrada na atmosfera como un meteorito, con velocidades de máis de 40.000 quilómetros por hora que a levou a xerar temperaturas de case 3.000 graos na súa superficie. A bordo non levaba GPS nin baliza, polo que o seu descenso e localización foron seguidos por radar e cámaras de vídeo automáticas.

OSIRIS-REx, que foi lanzada en setembro de 2016 e que este mediodía dilixentemente liberou no espazo a cápsula co material cando se atopaba a uns 100.000 quilómetros da Terra, culminando unha aventura de sete anos. Despois, a nave desviou a súa traxectoria para comezar unha nova misión, OSIRIS-APEX (OSIRIS-Apophis Explorer) para explorar o asteroide Apophis, ao que chegará en 2029.

As mostras que contén axudarán a estudar o Sistema Solar e a preparar futuras misións de defensa planetaria.

FONTE e IMAXES: elpais.com e elmundo.es

0 comentarios