CHEGA O OUTONO 2023
Follas de outono / manualidadesinfantiles.org
Aos poucos, as temperaturas asfixiantes van quedando atrás. O verán chega ao seu fin para deixar paso ao outono, estación na que as horas de luz vanse acurtando máis rápido e o frío adoita volver facer acto de presenza. O inicio da nova estación está marcado polo equinoccio de outono, cando a Terra atópase nunha posición na que os seus dous polos están á mesma distancia do Sol, sen que haxa unha data fixa.
O inicio do outono, o instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o que o centro do Sol cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur, pode darse en catro datas distintas do calendario, do 21 ao 24 de setembro, dependendo de cando se produce o equinoccio. Este ano, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional, o outono 2023 no hemisferio norte comezará hoxe, sábado 23 de setembro ás 08:50 horas. Neste día, a duración do día e a noite practicamente coinciden.
Veremos que o trae consigo!
0 comentarios