SOSAT: OUTRO PERIGO PARA A TERRA
Satélite Rosat / NASA
Se hai unhas semanas falamos do perigo para a Terra e os seus habitantes producido pola caída dun satélite de grandes dimensións, o UARS da NASA, que finalmente caeu, gracias a Deus, no Pacífico, sen que se puidera determinar o lugar e hora exacta da súa caída ata o último momento, agora unha nova ameaza volve aparecer. Desta vez é outro satélite, neste caso alemán, o Rosat (Roentgen Satellite).
Aínda que máis pequeno que o UARS é moito máis perigoso, pois cando entre na atmosfera os científicos estiman que 30 pezas do Rosat, con masas considerables, non se desintegrarán e impactarán sobre a superficie. O violento impacto fará que se esparzan nunha superficie de 80 quilómetros.
A NASA espera que o satélite chegue á Terra entre o venres e o luns, aínda que o día máis probable é o domingo 23, sobre ls 8:40 horas (cun marxe de erro de máis ou menos 30 horas).
Rosat, fuoi lanzado pola NASA en 1990 nun proxecto conxunto con Alemania, Gran Bretaña e EE.UU. para catalogar as fontes de raios X no espazo profundo e estudar ao redor de 110.000 estrelas e supernovas. En 1998 ao apuntar directamente ao Sol o telescopio estragouse e foi abandoado en febreiro de 1999.
Que Deus nos pille confesados!
0 comentarios