Blogia
vgomez

RECICLAXE: OS SETE SÍMBOLOS DO PLÁSTICO

RECICLAXE: OS SETE SÍMBOLOS DO PLÁSTICO

 

A gran diversidade de materiais plásticos levou a crear unha variada tipoloxía para identificalos. Neste caso, as frechas do anel -sinal de que poden reciclarse dalgunha forma- son máis estreitas e conteñen un número e unhas letras que sinalan o tipo de material. Un consumidor pode atoparse no mercado os seguientes símbolos:

  1. PET ou PETE (Polietileno tereftalato). É o plástico típico de envases de alimentos e bebidas, grazas a que é lixeiro, non é caro e é reciclable. Unha vez reciclado, o PET  pódese utilizar en mobles, alfombras, fibras téxtiles, pezas de automóbil e, ocasionalmente, en novos envases de alimentos.
  2. HDPE (Polietileno de alta densidade). Grazas á súa versatilidade e resistencia química emprégase, sobre todo, en envases, en productos de limpeza do fogar ou químicos industriais, como botellas de champú, deterxente, cloro, etc. Tamén se emprega en envases de leite, zumes, iogur, auga e bolsas do lixo e de supermercado. Recíclase de moi diversas formas, como en tubos, botellas de deterxentes e limpadores, mobles de xardín, botes de aceite, etc.
  3. V ou PVC (Vinílicos ou Cloruro de Polivinilo). Tamén é moi resistente, polo que é moi utilizado en limpadores de fiestras, botellas de deterxente, champú, aceites e mangueiras, equipamentos médicos, fiestras, tubos de drenaxe, materiais para construcción, forro para cables, etc. Aínda que non se recicla a miúdo, en tal caso emprégase en paneis, tarimas, canalóns de estradas, tapetes, etc. O PVC pode soltar diversas toxinas (non hai que queimalo nin deixar que toque os alimentos), polo que é preferible utilizar outro tipo de substancias naturais.
  4. LDPE (Polietileno de baixa densidade). Este plástico forte, flexible e transparente pódese atopar nalgunhas botellas e bolsas moi diversas (da compra ou para comida conxelada, pan, etc.), algús mobles e alfombras, entre outros. Tralo seu reciclado, pódese utilizar de novo en contedores e papeleiras, sobres, paneis, tuberías ou baldosas.
  5. PP (Polipropileno). O seu alto punto de fusión permite envases capaces de conter líquidos e alimentos quentes. Emprégase na fabricación de envases médicos, iogures, palliñas, botes de ketchup, tapas, algúns contedores de cociña, etc. Ao reciclalo pódense obter sinais luminosas, cables de batería, vasoiras, cepillos, raspadores de xeo, bastidores de bicicleta, angazos, caldeiros, paletas, bandexas, etc.
  6. PS (Poliestireno). Empregado en platos e vasos de usar e tirar, recipientes para ovos, bandexas de carne, envases de aspirina, caixas de CD, etc. O seu baixo punto de fusión fai posible que poda derretirse en contacto coa calor. Algunhas organizacións ecoloxistas subraian que é un material difícil de reciclar (ainda que en tal caso pódense obter diversos productos) e que pode emitir toxinas.
  7. Outros. Neste caixón de sastre inclúense unha gran diversidade de plásticos moi difíciles de reciclar. Con estos materiais elabóranse algunhas clases de botellas de auga, materiais a proba de balas, DVD, gafas de sol, MP3 e PC, certos envases de alimentos, etc.

Como variantes destes símbolos de materiais plásticos pódense atopar só cos números, sen os acrónimos, ou co anel máis groso de Möbius e, no seu interior, o número que corresponda. Se o acrónimo leva un "R" diante, significa que o producto contén materiais plásticos reciclados. Pola súa parte, se o símbolo leva o acrónimo ABS, refírese ao acrilonitrilo butadieno estireno, un plástico moi duro utilizado en automoción e en usos tanto industriais como domésticos.

Por certo lembrade a campaña do neno Diogo Farinhoto. Podes seguir axudando depositando tapas ou envases dos números 2, 4 e 5: Alameda, Ferry e Consarxería do IES.

FONTE: Revista Eroski Consumer/Medio Ambiente.

0 comentarios