Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ALEMAÑA? IV

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é 84 millóns. Exactamente 84,3 millóns de habitantes. É o país con maior poboación da UE e un dos países máis densamente poboados; aproximadamente o 77 % dos habitantes vive en rexións de alta ou media densidade de poboación. Ao redor do 30 % da poboación vive en grandes cidades de máis de 100.000 habitantes, das que cales hai 80 en Alemaña.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é, aproximadamente, a exensión de Alemaña?

- 357.000 km2

- 400.000 km2

- 457.000 km2

- 500.000 km2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e tatsachen-ueber-deutschland.de/es     Imaxe: proyectoviajero.com

#DígochoEu: Que fácil é conxugar o verbo 'satisfacer'

 

Ei, amigos de @domingosesale! En galego é moi fácil conxugar o verbo ’satisfacer’  

#DígochoEu

CANTO SABES DE ALEMAÑA? III

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Berlín. Situada no noreste do país, é a capital e cidade máis poboada, con 3,8 millóns de habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é, aproximadamente, a poboación de Alemaña?

- 64 millóns

- 74 millóns

- 84 millóns

- 94 millóns

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org  e  exteriores.gob.es      Imaxe: es.wikipedia.org  e guiadealemania.com

CANTO SABES DE ALEMAÑA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. A actual bandeira de Alemaña (Bundesflagge) é tricolor: negro, vermello e ouro, e consta de tres franxas horizontais de igual tamaño. Estas cores representan as do uniforme que levaban os soldados alemáns, chamados Freikorps, durante as guerras napoleónicas.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a capital de Alemaña?

- Múnic

- Nürnberg

- Berlín

- Frankfurt

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: The Rapants e o galego normativo

 

No Son do Camiño coñecemos a The Rapants e falamos do galego normativo e da gheada.

#DígochoEu

#DígochoEu: #CiberEsther (Non esquezas reiniciar!)

 

Se o teu ordenador ou unha aplicación che pide unha actualización… actualiza! E non esquezas reiniciar!  

#DígochoEu

CANTO SABES DE ALEMAÑA?

Situada no corazón de Europa, Alemaña, membro da Unión Europea, é o motor da economía e a industria do vello continente. Terra de fronteiras durante o imperio romano, a historia conferiulle desde entón un lugar destacado para entender a evolución da construción do proxecto europeo. Algúns dos músicos máis recoñecidos do mundo naceron en Alemaña, así como científicos e filósofos.

Sobre este país comezamos hoxe esta serie para coñecelo polo miúdo. Anímaste? Pois alá imos!

1. Cal destas bandeiras é a de Alemaña?

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *percance

 

Sabías que en galego non podes sufrir un *percance? Esa palabra é castelá!  

#DígochoEu