Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ALEMAÑA? VIII

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Zugspitze. Esta montaña está situada na cadea dos Alpes, no macizo de Wetterstein, nos Alpes bávaros. É a cima máis elevada da Alemaña, con 2.962 metros. O Zugspitze sitúase exactamente sobre a fronteira xermano-austríaca, mais o cume está dentro de Alemaña.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o río máis importante de Alemaña?

- Elba

- Rin

- Weser

- Meno

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org e twitter.com/aprendegeo

#DígochoEu: #CiberEsther (Ollo con gardar contrasinais no navegador!)

 

Se es dos que ten gardados todos os seus contrasinais no navegador corres o perigo de que un cibercarracho acceda a eles! Atende ben aos consellos de #CiberEsther!

#DígochoEu


CANTO SABES DE ALEMAÑA? VII

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é 16. A saber…

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é o punto máis alto de Alemaña?

- Zugspitze

- Hochfrottspitze

- Mädelegabel

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org motorpasion.com

CANTO SABES DE ALEMAÑA? VI

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é República Parlamentaria Federal. Constituído en Estado social e democrático de dereito, a súa forma de goberno é a república parlamentaria e federal, formado por estados federados (Bundesländer ou Land). O municipio Büsingen am Hochrhein, situado en Suíza, tamén forma parte de Alemaña. O Xefe do Estado é o Presidente Federal elixido pola Asemblea Federal (Bundesversammlung), órgano constitucional que se reúne exclusivamente para estes efectos. O Presidente Federal asume funcións representativas e como gardián da Constitución exerce un papel de moderador da vida política. O poder executivo é exercido polo goberno federal, presidido polo Chanceler, único membro do Goberno elixido polo Parlamento (Bundestag), e que só responde e dá conta da súa xestión ante o Parlamento.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Acabamos de dicir que Alemaña está formada por estados federados (Bundesländer), pero cantos?

- 12

- 14

- 16

- 18

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es         Imaxe: commons.wikimedia.org e tatsachen-ueber-deutschland.de/es

#DígochoEu: Non digas *sortixa

 

Sabías que en galego hai moi poucas palabras rematadas en -ixa? Por exemplo, a palabra *sortixa non existe, así que non a empregues como sinónimo de anel!  

#DígochoEu

O #DígochoEu vai á praia!

 

Con esta calor non hai quen pare! Por iso o #DígochoEu vai á praia e tráenos varias palabriñas coas que ás veces metemos a zoca!

CANTO SABES DE ALEMAÑA? V

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é 357.000 km2. A modo comparativo España ten 505.400 km2, Francia 643.800 km2, Italia 301.300 km2 e Turquía 783.500 km2.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

 

 

5. Cal é a forma de gobernó de Alemaña?

- República Parlamentaria

- República Parlamentaria Federal

- Monarquía Parlamentaria

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: motorpasion.com e tatsachen-ueber-deutschland.de/es

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono (Diferenzas electorais)

 

Sabes como se celebran as eleccións en Portugal e no Brasil?  

#DígochoEu