Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Aprende bailando o presente do verbo dar

 

Ollo cos acentos diacríticos do verbo dar! Aprende bailando o presente de indicativo!

#DígochoEu

 

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono (Xogar 'pelados' unha 'pelada')

 

Os nosos ’fofinhos’ comentan termos relacionados co fútbol e en canto sae a palabra ’pelada’ xorden as dúbidas!  

#DígochoEu

 

CANTO SABES DE ALEMAÑA? XI

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Eslovaquia. Limitan con Alemaña…

 

E imos coa pregunta de hoxe!

11. A primeira Guerra Mundial, que durou entre 1914 e 1918, Alemaña (Imperio Alemán), tivo como adversarios…

- Reino Unido e Francia

- Reino Unido e Austria-Hungria

- Reino Unido, Francia e Imperio Ruso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: ngenespanol.com e humanidades.com

#DígochoEu: Como se di? Castigárono ou castigáronlle?

 

Que pronome tería que levar o verbo castigar? Sería correcto dicir ’castigárono’? Ou ’castigáronlle’?  

#DígochoEu

 

CANTO SABES DE ALEMAÑA? X

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Müritz. É un lago situado no distrito Chaira Lacustre Mecklemburguesa, do estado de Mecklemburgo-Pomerania Occidental (Alemaña), que cos seus 117 km² e os seus 31 m de profundidade máxima é o lago interior máis grande do país.​ O seu principal afluente é o río Elde. Só é superado en tamaño polo lago Constanza, aínda que este non é exclusivamente alemán, senón compartido con Austria e Suíza.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

 

10. Cal destes países non limita con Alemaña?

- Francia

- Austria

- Suiza

- Bélxica

- Luxemburgo

- Pises Baixos

- República Checa

- Eslovaquia

- Dinamarca

- Polonia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org e setav.org

CANTO SABES DE ALEMAÑA? IX

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Rin.​ Cunha lonxitude de 1.230 km é navegable nun tramo de 883 km entre Basilea (Suíza) e o seu delta no mar do Norte. O seu caudal medio é de 2.100 m³/s, e forma un delta común co río Mosa.​ Entre as cidades máis grandes e importantes do Rin atópanse Basilea (Suíza), Estrasburgo (Francia), Colonia, Düsseldorf (Alemaña) e Róterdam (Países Baixos).

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é o lago máis grande de Alemaña?

- Constanza

- Vannsee

- Masch

- Müritz

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: saberpractico.com e es.wikipedia.org 

#DígochoEu: Non digas *derretirse #DígochoEu

 

Vai calor! Pero con estas temperaturas tan altas non nos imos *derretir! Aprende como se di correctamente este verbo e como se conxuga...  

#DígochoEu

#DígochoEu Técnicas de esgrima

 

Hoxe aprendemos algunhas técnicas de esgrima coa axuda de Pilar Garnelo!  

#DígochoEu