CANTO SABES DE ALEMAÑA? IX
Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Rin. Cunha lonxitude de 1.230 km é navegable nun tramo de 883 km entre Basilea (Suíza) e o seu delta no mar do Norte. O seu caudal medio é de 2.100 m³/s, e forma un delta común co río Mosa. Entre as cidades máis grandes e importantes do Rin atópanse Basilea (Suíza), Estrasburgo (Francia), Colonia, Düsseldorf (Alemaña) e Róterdam (Países Baixos).
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Cal é o lago máis grande de Alemaña?
- Constanza
- Vannsee
- Masch
- Müritz
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: saberpractico.com e es.wikipedia.org
0 comentarios