Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE CUBA? VI

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é b. A bandeira de Cuba está composta por tres franxas azuis e dúas brancas, cun  triángulo vermello pagado ó mastro cunha

estrela branca de cinco puntas no medio. Foi deseñada por Miguel e Emilia Teurbe Tolón (unha parella de cubanos exiliados en Nova York) en 1849, a petición do xeneral Narciso López. Tras a revolución cubana de 1959, o azul claro foi reemplazado por azul escuro.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal destes ríos cubanos é o máis longo do país?

- Zaza

- Cauto

- Toa

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org              Imaxes: es.wikipedia.org/wiki

CANTO SABES DE CUBA? V

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é 15 provincias e un municipio especial.

A República de Cuba, na actualidade, esta dividida nun total de 15 provincias, subdivididas en 167 municipios e un municipio especial:

  1. Pinar del Río (11 municipios).
  2. Artemisa (11 municipios).
  3. A Habana (previamente Cidade da Habana; 16 municipios).
  4. Mayabeque (11 municipios).
  5. Matanzas (13 municipios).
  6. Cienfuegos (8 municipios).
  7. Villa Clara (13 municipios).
  8. Sancti Spíritus (8 municipios).
  9. Ciego de Ávila (10 municipios).
  10. Camagüey (13 municipios).
  11. As Tunas (8 municipios).
  12. Granma (13 municipios).
  13. Holguín (14 municipios).
  14. Santiago de Cuba (9 municipios).
  15. Guantánamo (10 municipios).
  16. Municipio Especial Isla de la Juventud (1 municipio)

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal destas bandeiras é a de cuba?

               a                           b                                  c

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: es.wikipedia.orge e si-educa.net

CANTO SABES DE CUBA? III

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é 2 illas e máis dun millar de "cayos" ou pequenas illas que as rodean.

Cuba está formada pola illa homónima, completando o arquipélago a illa de la Juventud e máis dun milleiro de "cayos" ou pequenas illas que as rodean: Cayo Coco, Cayo Guillermo, Cayo Santa María, Cayo As Bruxas, Cayo Ensenachos e Cayo Cruz, no arquipélago coñecido como Xardíns do Rey; Cayo Jutías e Cayo Levisa, no arquipélago dos Colorados; e Cayo Longo do Sur no arquipélago dos Canarreos,​ entre outros.

E imos coa pregunta de hoxe?

3. Cal é a capital de Cuba?

- Santiago de Cuba

- A Habana

- Holguín

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org                   Imaxes: .orgactualidadviajes.com

CANTO SABES DE CUBA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é Mar do Caribe.

Cuba é un dos trece países que forman a América Insular, Antillas ou illas do mar Caribe, e un dos trinta e cinco do continente americano.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cuba está formada por...

- 1 illa e máis dun millar de "cayos" ou pequenas illas que a rodean

- 2 illas

- 2 illas e máis dun millar de "cayos" ou pequenas illas que as rodean

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org                   Imaxes: Pablo Bayón/redalyc.org

CANTO SABES DE CUBA?

Cuba, oficialmente República de Cuba, é o obxectivo desta nova serie. Son moitos os motivos que nos unen: idioma, emigración... Por iso pretendo facer unha revisión do que coñecemos sobre iste país soberano insular.

Coma sempre, cada día farei unha proposta e ao día seguinte a solución e outra nova proposta. Anímaste?

Pois comezamos!

1. Onde esta situada Cuba?

- No mar do Caribe

- No golfo de México

- No Atlántico Sur

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxes: convenioandresbello.org e es.wikipedia.org

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 2.7

 

No capítulo de hoxe do #ApuntamentoLusófono falamos do Entroido, temos a cuarta competición de ’fofinhos’: Matheus contra Leo, e estreamos ’Olimpíadas rurais’ con Diego de Braelle.

#DígochoEu

#DígochoEu: #DígochoWHAT: To do, birthdays / Facer anos?

 

No capítulo do #DígochoWhat desta semana Christina coñece os meses do ano en galego e aprende como dicir o seu aniversario. 

In this week’s episode of #DígochoWhat Christina learns the months of the year in Galician and how to say when her birthday is.  

#DígochoEu

#DígochoEu: Concurso: Sinónimos de 'faltar á clase'

 

Estivemos nun colexio dos Praceres, en Pontevedra. Co alumnado do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón Praceres aprendemos como se di faltar á clase en distintos lugares de Galicia.

#DígochoEu