#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 2.8
No capítulo de hoxe do #ApuntamentoLusófono temos a qunita competición de ’fofinhos’: Diego contra Julianna, e presentamos o proxecto FALAI, que busca que as máquinas entendan galego.
No capítulo de hoxe do #ApuntamentoLusófono temos a qunita competición de ’fofinhos’: Diego contra Julianna, e presentamos o proxecto FALAI, que busca que as máquinas entendan galego.
Estivemos no CEIP Ramón Cabanillas de Santiago. Co seu alumnado aprendemos as diferenza entre rap, reguetón e regueifa.
Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...
A contestación correcta á pregunta de onte é Peso cubano (CUP).Durante certo tempo, dende 1994, conviviu co Peso cubano convertible (CUC), ata que en 2001 foi eliminado este último, convertíndose o CUP na única moeda oficial.

A día de hoxe a equivalencia do Peso cubano e o Euro é 1 PCU = 0,039 EUR, e a do Dolar estadounidense e o Peso cubano é 1 USD = 24,00 PCU.
E imos coa pregunta de hoxe!

9. Que poboación ten Cuba?
- Ao redor de 9 millóns
- Ao redor de 11 millóns
- Ao redor de 15 millóns
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: papelmoneda.es e prensa-latina.cu
É o mesmo un contrasinal que un PIN? e PIN é unha palabra galega? Presta atención as explicacións de #CiberEsther.
Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...
A contestación correcta á pregunta de onte é Pico Turquino. É o punto de maior altitude da illa de Cuba con 1.974 metros sobre o nivel de mar. É o único lugar de Cuba onde se rexistrou oficialmente unha nevarada en febreiro de 1900. Atópase no centro da Serra Maestra, a maior cordilleira de Cuba.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é a moeda oficial de Cuba?
- Dolar Estadounidense (USD)
- Euro (EUR)
- Peso cubano (CUP)
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e S.Alonso/dw.com
Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...
A contestación correcta á pregunta de onte é Cauto. É o máis longo da illa e o segundo máis caudaloso tras o río Toa.

A súa conca hidrográfica nace desde o lugar chamado La Estrella, no municipio de Palma Soriano, provincia de Santiago de Cuba, a unha altura de 600 m sobre o nivel do mar, nacendo na ladeira norte da Serra Mestra, As Tunas, Holguín e Granma, esta última con maior porción. Desemboca no golfo de Guacanayabo, despois de percorrer 343 km. É considerado o río máis longo de todas as Antillas.
E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é o punto máis alto de Cuba?
- Pico Real
- Pico Martí
- Pico Máximo Gómez
- Pico Turquino
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org e cubalan.info Imaxes: wikiwand.com e cubalan.info