CANTO SABES DE CUBA? VII
Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...
A contestación correcta á pregunta de onte é Cauto. É o máis longo da illa e o segundo máis caudaloso tras o río Toa.
A súa conca hidrográfica nace desde o lugar chamado La Estrella, no municipio de Palma Soriano, provincia de Santiago de Cuba, a unha altura de 600 m sobre o nivel do mar, nacendo na ladeira norte da Serra Mestra, As Tunas, Holguín e Granma, esta última con maior porción. Desemboca no golfo de Guacanayabo, despois de percorrer 343 km. É considerado o río máis longo de todas as Antillas.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal é o punto máis alto de Cuba?
- Pico Real
- Pico Martí
- Pico Máximo Gómez
- Pico Turquino
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org e cubalan.info Imaxes: wikiwand.com e cubalan.info
0 comentarios