Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE CUBA? XIV

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é 2016. Fidel Alejandro Castro Ruz, naceu en Birán o 13 de agosto de 1926 e morreu na Habana o 25 de novembro de 2016. Foi un avogado e revolucionario comunista cubano, con orixe galega, gobernando Cuba como primeiro ministro de 1959 a 1976 e logo como presidente de 1976 a 2008.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Ernesto Guevara, coñecido como o Che Guevara, ou simplemente como o Che, que relación tivo con Cuba?

- Ningunha, só foi un revolucionario comunista arxentino

- Foi un dos ideólogos e comandante da revolución cubana

-  Foi un medico español que exerceu en Cuba

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: es.wikipedia.org e pbs.org

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 2.9

 

No capítulo de hoxe do #ApuntamentoLusófono temos a sexta competición de ’fofinhos’ (Felipe contra Luisa), Falamos dos Mestre Mateo, e Esther reacciona á canción de Portugal de Eurovisión 2023.  

#DígochoEu

CANTO SABES DE CUBA? XIII

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é Tratado de París. Iste tratado firmado o 10 de decembro de 1898 marcou o fin da Guerra hispano-estadounidense. España perdeu as últimas colonias de América, así como as illas Filipinas e outras posesións no Pacífico. Filipinas, xunto con Guam e Porto Rico, foron oficialmente cedidas aos EUA por 20 millóns de dólares. Durante as negociacións, España tentou incluír numerosas emendas. Porén, ao final tivo que aceptar todas as imposicións estadounidenses, xa que perdera a guerra. Amais, era consciente de que o poderío armamentístico estadounidense podería ameazar outras posesións españolas en Europa e África.

O tratado foi asinado sen a presenza dos representantes dos territorios invadidos, o que provocou un gran descontento entre a poboación das excolonias. Filipinas acabaría enfrontándose aos EUA na guerra filipino-estadounidense.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Fidel Castro foi unha figura crucial de Cuba, nun principio coa loita armada contra a ditadura de Fulgencio Batista e posteriormente como Primeiro Ministro e Presidente durante case 50 anos. En que ano morreu?

- 2000

- 2008

- 2012

- 2016

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxes: es.wikipedia.org 

#DígochoEu: Concurso: Aprendendo a distinguir árbores

 

Estivemos no I.E.S. Maximino Romero de Lema de Baio. Co seu alumnado aprendemos a distinguir árbores.

 #DígochoEu

 

CANTO SABES DE CUBA? XII

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é Illa Juana. Colón denominou á illa de Cuba como Illa Juana en deferencia ao príncipe Juan, segundo fillo dos Reis Católicos e herdeiro da coroa.

Posteriormente, en 1494, durante a súa segunda viaxe,​ Colón descubriu a actual illa de la Juventud,​ á cal bautizou como "A Evanxelista".

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Entre finais de 1897 e comezos de 1898 instaurouse en Cuba o autogoberno autonómico. As forzas cubanas gañaban cada vez máis terreo e o exército español debilitábase rápido.​ Nesa situación, produciuse a intervención militar dos Estados Unidos. En 1898 o acoirazado estadounidense Maine afundiuse na Baía da Habana o 15 de febreiro, debido a unha explosión provocada por un atentado de falsa bandeira,​ para así intervir na guerra. O conflito concluíu coa firma dun tratado de paz, asinado o 10 de decembro de 1898 entre España e os Estados Unidos. Que nome recibiu ese tratado?

- Tratado da Habana

- Tratado de París

- Tratado de Madrid

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e nuevatribuna.es

#DígochoEu: Aprende os catro estilos da natación en galego

 

Se cadra sabes nadar, pero... coñeces os catro estilos da natación en galego? Non perdas as explicacións da nosa Esther... Williams!  

#DígochoEu

CANTO SABES DE CUBA? XI

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é Ao redor de 110.000 km2. Máis exactamente 109.884 km2 (dato de www.onei.gob.cu). Para ter unha referencia co nosos país, Castela e León ten 94.224 km2 (sesiblemente menos) e España 505.990 (case 5 veces a superficie de Cuba).

E imos coa pregunta de hoxe!

11. O 27 de outubro de 1492 chegaron a costas cubanas pola zona de Bariay, tres naves españolas, A Pinta, A Nena e a Santa María, comandadas por Cristóbal Colón, quen desembarcou ao seguinte día. Que nome lle diu Colón á illa de Cuba?

- Illa Evanxelista

- Illa Juana

- Illa Xosefina

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org        Imaxes: es.m.wikipedia.org/wiki e juventudrebelde.cu

CANTO SABES DE CUBA? X

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é Ao redor de 11 millóns. Máis exactamente 11.113.215 habitantes (dato de "Cuba. Anuario Estadístico de Cuba 2021. Edicións 20222")

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a superficie total de Cuba?

- Ao redor de 100.000 km2

- Ao redor de 110.000 km2

- Ao redor de 120.000 km2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes:José Luis Baños/ipscuba.net e simple.wikipedia.org/wiki