Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *zambullirse

 

En galego non podemos *zambullirnos na piscina! Temos outras maneiras de expresalo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *matasogras

 

Sabías que en galego non temos *matasogras? Nós facemos ruído con outro trebello!  

#DígochoEu

CANTO SABES DE CUBA? XVII

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é EEUU. A invasión de baía de Cochinos, tamén coñecida como Invasión de praia Girón ou a Batalla de Girón, foi unha operación militar na que tropas de cubanos exiliados, adestrados, financiados e dirixidos pola CIA dos Estados Unidos de América, intentaron invadir Cuba en abril de 1961, co propósito de tomar unha cabeza de praia, formar un goberno provisional e buscar o apoio da OEA e o recoñecemento da comunidade internacional.

A acción acabou en fracaso en menos de 72 horas, foi completamente esmagada polas Forzas Armadas Revolucionarias (FAR) de Cuba. Máis dun centenar de invasores morreron, e os cubanos capturaron a outros 1.200, xunto con importante material bélico.

E imos coa pregunta de hoxe, e última da serie!

17. Desde o triunfo da Revolución Cubana (1959), o sistema político de Cuba foi un estado unipartidista convencional. Durante case cincuenta anos, o país foi dirixido por Fidel Castro, primeiro como primeiro ministro (1959) e logo como presidente do Consello de Estado e o Consello de Ministros (1976). Posteriormente, foi dirixido por Raúl Castro, quen sucedeu ao seu irmán á fronte dos órganos de Estado e Goberno. A actual Constitución da República, promulgada en abril do 2019, establece que Cuba é un Estado socialista de forma irrevogable. A Constitución di no seu artigo 5 que O Partido Comunista de Cuba, martiano, fidelista, marxista e leninista, vangarda organizada da nación cubana, sustentando no seu carácter democrático e a permanente vinculación co pobo, é a forza política dirixente superior da sociedade e do Estado, que organiza e orienta os esforzos comúns na construción do socialismo e o avance cara á sociedade comunista. Traballa por preservar e fortalecer a unidade patriótica dos cubanos e por desenvolver valores éticos, morais e cívicos. Na actualidade quen é o Presidente de Cuba?

- Manuel Marrero Cruz

- Salvador Valdés Mesa

- Manuel Díaz-Canel

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org             Imaxes: es.wikipedia.org 

CANTO SABES DE CUBA? XVI

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é Raul Castro. Raúl Modesto Castro Ruz (Birán, Cuba; 3 de xuño de 1931), guerrilleiro e político cubano. Foi presidente do Consello de Estado de Cuba e do Consello de Ministros, e por tanto, presidente da República de Cuba desde o 24 de febreiro de 2008 ata o 18 de abril de 2018, aínda que desempeñaba o cargo de maneira interina desde o 31 de xullo de 2006.

Foi tamén desde abril do 2011 a abril de 2021, o primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba, substituíndo tamén ao seu irmán Fidel no devandito cargo.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Que país estivo detrás da invasión da Baía de Cochinos?

- URSS

- EEUU

- OEA

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org                    Imaxes: es.wikipedia.org   

#DígochoEu: #DígochoWHAT (9 Likes and dislikes / Gustar e non gustar)

 

Esther móstralle hoxe a Christina varios verbos sobre actividades e a expresar que algo nos gusta ou non nos gusta en galego.

Today Esther teaches Christina several verbs about activities and how to talk about likes and dislikes in Galician.

#DígochoEu 

CANTO SABES DE CUBA? XV

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é Foi un dos ideólogos e comandante da revolución cubana. Ernesto Guevara, coñecido como Che Guevara ou o Che, naceu en Rosario (provincia de Santa Fe, Arxentina) o 14 de xuño de 1928 e morreu en La Higuera (Bolivia) o 9 de outubro de 1967.

Médico, político e revolucionario ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e logo participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular sendo ministro de industria. En 1965, logo de denunciar a explotación do terceiro mundo polos dous bloques da guerra fría, desaparece da vida política de Cuba coa intención de espallar a revolución. En primeiro lugar na República do Congo, sen éxito, logo en Bolivia onde foi capturado e executado de forma clandestina polo Exército Boliviano coa colaboración da CIA estadounidense. Trala súa morte converteuse nun símbolo de alcance mundial, para os seus seguidores simboliza a loita contra as inxustizas sociais ou de rebeldía e espírito incorruptible, mentres que é definido polos seus detractores coma un asasino e criminal, acusándoo ademais dunha mala xestión como ministro de Industria.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Quen sucedeu na Presidencia a Fidel Castro?

- Miguel Díaz-Canel

- Raul Castro

- Manuel Marrero

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: lanacion.com.ar e twitter.com

#DígochoEu: #CiberEsther (Códigos QR)

 

Sabes ler en galego as siglas QR? Tranquilidade!  Escoita a #CiberEsther

 #DígochoEu 

 

#DígochoEu: Non digas *gafas

 

De sol, de natación, de mergullo... Hai moitos tipos, pero en galego non lle chamamos *gafas! E atentos porque tampouco é correcto dicir *lentillas.  

#DígochoEu