CANTO SABES DE CUBA? XVII
Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...
A contestación correcta á pregunta de onte é EEUU. A invasión de baía de Cochinos, tamén coñecida como Invasión de praia Girón ou a Batalla de Girón, foi unha operación militar na que tropas de cubanos exiliados, adestrados, financiados e dirixidos pola CIA dos Estados Unidos de América, intentaron invadir Cuba en abril de 1961, co propósito de tomar unha cabeza de praia, formar un goberno provisional e buscar o apoio da OEA e o recoñecemento da comunidade internacional.
A acción acabou en fracaso en menos de 72 horas, foi completamente esmagada polas Forzas Armadas Revolucionarias (FAR) de Cuba. Máis dun centenar de invasores morreron, e os cubanos capturaron a outros 1.200, xunto con importante material bélico.
E imos coa pregunta de hoxe, e última da serie!
17. Desde o triunfo da Revolución Cubana (1959), o sistema político de Cuba foi un estado unipartidista convencional. Durante case cincuenta anos, o país foi dirixido por Fidel Castro, primeiro como primeiro ministro (1959) e logo como presidente do Consello de Estado e o Consello de Ministros (1976). Posteriormente, foi dirixido por Raúl Castro, quen sucedeu ao seu irmán á fronte dos órganos de Estado e Goberno. A actual Constitución da República, promulgada en abril do 2019, establece que Cuba é un Estado socialista de forma irrevogable. A Constitución di no seu artigo 5 que O Partido Comunista de Cuba, martiano, fidelista, marxista e leninista, vangarda organizada da nación cubana, sustentando no seu carácter democrático e a permanente vinculación co pobo, é a forza política dirixente superior da sociedade e do Estado, que organiza e orienta os esforzos comúns na construción do socialismo e o avance cara á sociedade comunista. Traballa por preservar e fortalecer a unidade patriótica dos cubanos e por desenvolver valores éticos, morais e cívicos. Na actualidade quen é o Presidente de Cuba?
- Manuel Marrero Cruz
- Salvador Valdés Mesa
- Manuel Díaz-Canel
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios