Blogia
vgomez

AS LIBÉLULAS MÁIS BONITAS DO MUNDO VIII (FIN)

Remato coa serie, que onte comezamos, adicada as libélulas, insectos fascinantes que, polas súas rechamantes cores e a súa elegancia ao voar, resultan atractivos para moitas persoas. Dentro deste fascinante grupo que son os odonatos existen dous subórdenes: Anisoptera (libélulas) e Zygoptera (cabaliños do diaño).

15. Orthemis ferruginea

Orthemis ferruginea / Vitaly_Charny/wikicommons

Esta espectacular libélula rosa é orixinaria de América, onde a súa distribución esténdese desde Estados Unidos ata Brasil.

16. Aeshna isosceles

 

Aeshna isósceles/iStock

Esta libélula de ollos verdes alcanza unha lonxitude de 7 centímetros e atópase en toda Europa, o Mediterráneo e o norte de África. Aínda que, segundo a UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza), atópase en estado de preocupación menor, considérase unha especie rara e protexida no Reino Unido, onde a coñecen localmente como vendedor ambulante de Norfolk. Estas libélulas posúen un corpo marrón cunha marca triangular amarela no abdome e, como o seu nome indica, teñen ollos verdes. Adoitan atoparse preto de pantanos e estanques, que é onde poñen os seus ovos.

Fin!

FONTE: (Gran parte da información sobre as libélulas e cabaliños do diaño deste artigo obtívose da Guía de Campo das Libélulas de España e Europa de Edicións Omega) / Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios