DOCENCIA
CANTO SABES DE ARXENTINA? III
Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.
A contestación correcta á pregunta de onte é 2.700.000 km2. Exactamente 2.780.400 km2, o que converte, pola súa extensión, no segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo. Comoe referencia seria 5,5 veces España (505.990 km2).
E imos coa pregunta de hoxe!

3. Arxentina está organizada como un Estado federal descentralizado, integrado desde 1994 por…
- 25 Provincias e unha Cidade Autónoma
- 23 Provincias e unha Cidade Autónoma.
- 26 Provincias
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: geoguessr.com
#DígochoEu: Non digas *guantera
CANTO SABES DE ARXENTINA? II
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.
A contestación correcta á pregunta de onte é Todos os anteriores. O seu territorio continental americano limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés co Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao leste co Uruguai e o océano Atlántico. Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Cal é a extensión aproximada de Arxentina?
- 2.500.000 km2
- 2.700.000 km2
- 3.000.000 km2
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: epicentrogeografico.com
#DígochoEu: Concurso (Máquina do tempo)
Visitamos unha escola especial co alumnado do CEIP do Carballal de Marín e fixémolo nunha máquina do tempo! E nesa viaxe coñecemos algúns significados de palabras e incluso algunhas palabras que caeron en desuso. Por certo, este capítulo foi creado con intelixencia artificial!
#DígochoEu
CANTO SABES DE ARXENTINA?

Comezo hoxe unha nova serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente.
Moitas son as cousas que nos unen con este país, como o idioma, cultura e país de destino de moitos emigrantes (considerada a quinta provincia galega, xa que alí emigrou moita galego, entre as que se atopa parte da miña familia).
Durante varios días iremos recordando ou coñecendo cousas deste país amigo. Anímaste? Pois comezamos!

1. Con que países limita Arxentina?
- Bolivia e Paraguai
- Brasil e Uruguai
- Chile
- Todos os anteriores
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: Aquintero82 e Adddicted04/es.wikipedia.org
#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 2.10
No capítulo de hoxe do #ApuntamentoLusófono temos a sétima competición de ’fofinhos’: Renan contra Marcelo. E Márcia reacciona á canción de España de Eurovisión 2023.
CANTO SABES DE CUBA? XVIII (FIN)
Remato coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...
A contestación correcta á pregunta de onte é Miguel Díaz-Canel. Miguel Mario Díaz-Canel Bermúdez (Santa Clara, Villa Clara; 20 de abril de 1960), político e enxeñeiro cubano. Desde o 10 de outubro de 2019 é o presidente da República de Cuba e desde 2021 desempéñase como primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba. E o primeiro mandatario da illa en nacer despois da Revolución cubana. Acompáñano no goberno Salvador Valdés Mesa, como Vicepresidente, e Manuel Marrero Cruz, como Primeiro Ministro.

De esquerda a dereita: Manuel Díaz-Canel (Presidente), Salvador Valdés Mesa (Vicepresidente) e Manuel Marrero Cruz (Primeiro Ministro)
E aquí remato esta serie, que o único que pretendeu foi facer unha aproximación a Cuba, pondo ao día as preguntas básicas sobre este país.
Ata a proxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org