Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu Como se di 'huesudo'?

 

Como se di ’huesudo’ en galego? ’Osudo’? Pero manteríase o acento de óso? Cantas preguntas! Velaquí as respostas que nos dá Esther Estévez!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? VI

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é Amazonas. É o río máis longo e caudaloso do mundo, e contén máis auga que o Nilo, o Yangtsé e o Misisipi xuntos, supoñendo preto dunha quinta parte da auga doce en estado líquido do planeta. Nace na Crebada de Apacheta, rexión de Arequipa (Perú), e despois de percorrer 7.062 km por Perú, Colombia e Brasil, desemboca no océano Atlántico, na costa nordés de Brasil.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o maior lago de auga doce de América?

- Lago Hurón

- Lago Michigan

- Lago Titicaca

- Lago Superior

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: es.wikipedia.org         

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? V

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é Aconcagua. É o pico máis alto do cordal dos Andes e por tanto de América do Sur e de toda América , cunha altitude de 6.960,8 metros. Está situado na provincia arxentina de Mendoza.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a o río máis longo de América?

- Río Misisipi

- Río Paraná

- Río da Prata

- Río Amazonas

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: Joshjrowe / es.wikipedia.org         

#DígochoEu: Non digas *andén

 

Nada de chorar no *andén por alguén que marcha no tren! Porque en galego non dicimos *andén.

#DígochoEu

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 57

 

O ApuntamentoLusófono de hoxe está centrado nas tradicións do Samaín / Halloween en Galicia e en Portugal. Viñeron visitarnos os Maléficos de Valença, que organizan unha boa na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro. Tamén nos visitou a cantante Hydn que, aínda que non vaia ao #BenidormFest, será para sempre a gran diva do ’galenglish’.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? IV

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é San Cristobo e Neves. É un país do norte antillano, en concreto das Illas de Barlovento, debendo o seu nome precisamente a este par de illas. Cristobal Colón colonizou estas illas na súa segunda viaxe a este continente, chamando á maior San Cristobo na honra ao colonizador de América e Nieves á segunda pola neve do seu cume (causada en realidade polas nubes), en alusión a un milagre da Virxe María coa advocación da nosa Señora das Neves e ocorrido no monte Esquilino, en Roma, no século IV. É o país máis pequeno do continente americano, tanto en tamaño como en poboación polo que é considerado un microestado. Posúen unha superficie de 261 km2 (San Cristóbal 1.688​ e Nieves 93)​ e unha poboación de 54.961 habitantes. A súa capital e cidade máis poboada é Basseterre, en San Cristobo.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é a montaña máis elevada de América?

- Pissis

- Aconcagua

- Benete Chico

- Huascarán

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: Bjørn Christian Tørrissen/ es.wikipedia.org         

#DígochoEu: Que é o 'idadismo'?

 

Idadismo’ aínda non aparece no dicionario da RAG. Sabes o que significa? Esther Estévez dínolo! 

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? III

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é Canadá. Con 9.984.670 km² é o país máis grande de América, séguenlle Estados Unidos con 9.498.193 km², Brasil con 8.514.877 km² e Arxentina con 2.792.600 km².

E imos coa pregunta de hoxe!

3. E o país máis pequeno de América?

- Dominica

- Brabados

- San Cristobo e Neves

- Trinidade e Tobago

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: es.wikipedia.org