Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non confundas tecla e trécola

 

Tecla e trécola son dúas palabras correctísimas en galego, pero sabes o que significan?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE EUROPA XVIII

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é 27. Son Alemaña, Bélxica, Croacia, Dinamarca, España, Francia, Irlanda, Letonia, Luxemburgo, Países Baixos, Suecia, Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Grecia, Malta, Polonia, República Checa, Austria, Chipre, Eslovenia, Finlandia, Hungría, Italia, Lituania, Portugal e Romanía.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. A saída do Reino Unido da UE produciuse definitivamente o…

- 23 de xuño de 2016

- 29 de marzo de 2019

- 1 de febreiro de 2020

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxe: bbc.com/mundo

CANTO SABES SOBRE EUROPA XVII

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Maastricht. Asinado na cidade neerlandesa (Países Baixos) de Maastricht o 7 de febreiro de 1992, entrou en vigor o 1 de novembro de 1993 e foi concibido como a culminación política dun conxunto normativo, vinculante para todos os Estados membros da Unión Europea, tanto para os futuros membros como para os estados asinantes no momento do tratado. Foi modificado polos Tratados de Ámsterdam (entrou en vigor 1999), Niza (entrou en vigor 2003) e Lisboa (entrou en vigor 2009).

 

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Cantos países forman a Unión Europea neste intres?

- 17

- 27

- 37

- 47

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *encarecerse nin *abaratarse

 

Que sorte temos! En galego non *se encarece nada! Sabes cal sería a forma correcta de dicilo? Esther Estévez dínolo!  

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE EUROPA XVI

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1957. A Comunidade Económica Europea (CEE) foi unha organización internacional creada por un dos dous Tratados de Roma do 25 de marzo de 1957 (en vigor dende 1958), coa finalidade de crear un mercado común europeo. Os Estados signatarios foron Francia, Italia, Alemaña (por aquel entón, só a República Federal Alemá, non a República Democrática Alemá) e os tres países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo). O tratado establecía un mercado e aranceis externos comúns, unha política conxunta para a agricultura, políticas comúns para o movemento da man de obra e dos transportes, e fundaba institucións comúns para e desenvolvemento económico.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

16. A Unión Europea (UE) como tal, foi establecida co entrada en vigor do Tratado de…

- Ámsterdam

- Maastricht

- Niza

- Lisboa

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como se di 'compresa desechable'?

 

Esther Estévez resolve a dúbida dunha seguidora: como se di en galego ’compresa desechable’?

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *cañón

 

En galego non temos *cañóns! Nin sequera o *cañón do Colorado!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE EUROPA XV

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é a-3, b-4, c-2 e d-1.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. A Europa dos seis (Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo, os Países Baixos e a República Federal Alemá) fundou o predecesor da Unión Europea, a Comunidade Económica Europea. En que ano sucedeu isto?

- 1957

- 1986

- 2000

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxe: Immanuel Giel/es.wikipedia.org