DOCENCIA
CANTO SABES SOBRE EUROPA XIV
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é a-3, b-4, c-2 e d-1.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Relaciona as bandeiras cos seus países europeos:
1. Croacia
2. Grecia
3. Alemaña
4. Romania
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
#DígochoEu: Sirena ou serea?
Hoxe Esther Estévez ensinanos a diferenciar sirena, serea e serena. Moita atención!
#DígochoEu
#DígochoEu: Non digas *entablar
CANTO SABES SOBRE EUROPA XIII
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Istambul. A cidade turca de Istambul, situada ás beiras do Bósforo, é a cidade máis poboada de Europa con 15,4 millóns de habitantes. Expezou a experimentar un grande crecemento demográfico nos anos 50, cando contaba con case un millón de habitantes. 40 anos máis tarde, en 1990, a cidade xa contaba con 6,6 millóns. Pero o crecemento máis importante da cidade produciuse a partir do 2000. Desde ese ano ata 2013, a poboación de Istambul pasou de 8,8 millóns a 14,1 millóns. Na actualidade conta con 15.462.452 habitantes. A Istambul séguelle Moscova (Rusia) con 12.597.596 habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!

13. Relaciona as bandeiras cos seus países europeos:
1. Ucraína
2. Dinamarca
3. Bélxica
4. República Checa
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: libretilla.com Imaxe: es.wikipedia.org
#DígochoEu: Como se din as partes da bicicleta?
Sabes como se chaman as partes da bici en galego? Presta atención a este episodio e toma nota das indicacións de Esther Estévez!
CANTO SABES SOBRE EUROPA XII
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Reino Unido. É un país insular situado ao noroeste da Europa continental. O seu territorio está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. É un Estado unitario comprendido por catro nacións constitutivas: Escocia, Gales, Inglaterra e Irlanda do Norte. Ten una extensión de 243.610 km2. O segundo país insular en tamaño é Islania con 103.000 km2.
E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é a cidade europea de maior poboación?
- San Petersburgo
- Moscova
- Istambul
- Londres
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia Imaxe: Mesquita de Sultán Solimán/Burgert Behr/es.wikipedi.org
CANTO SABES SOBRE EUROPA XI
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1-c, 2-e, 3-d, 4-b, 5-a. Bulgaria ten por capital Sofía, Irlanda ten por capital Dublín, Austria ten por capital Viena, Albania ten por capital Tirana e Grecia ten por capital Atenas.
E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é o país europeo insular dse maior extensión?
- Irlanda
- Islandia
- Reino Unido
- Chipre
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: contenidos.educarex.es