#DígochoEu: Non digas *cabizbaixo
*Cabizbaixo é unha tradución trapalleira do *cabizbajo en castelán! Toma nota de como podes dicilo correctamente en galego.
*Cabizbaixo é unha tradución trapalleira do *cabizbajo en castelán! Toma nota de como podes dicilo correctamente en galego.
Tanto *pepino coma *pepinillo son castelanismos! En galego temos outros termos para referirnos a isto!
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1-c, 2-e, 3-d, 4-b, 5-a. Alemaña ten por capital Berlín, Polonia ten por capital Varsovia, Chipre ten por capital Nicosia, Hungría ten por capital Budapest e Estonia ten por capital Tallín.
E imos coa pregunta de hoxe!

10. Relaciona estes países europeos coas súas capitales:
1. Bulgaria a) Atenas
2. Irlanda b) Tirana
3. Austria c) Sofia
4. Albania d) Viena
5. Grecia e) Dublín
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: Acrópole de Atenas/
Os nomes de reis e certos personaxes históricos tradúcense ao galego? Toma nota!
#DígochoEu
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Lago Ladoga. É un lago de auga doce situado en Carelia e o óblast de San Petersburgo, pretiño da fronteira con Finlandia. Cunha superficie de 17.700 km², é o maior lago de Europa e o décimo quinto do mundo. No seu interior áchanse 660 illas cunha superficie de 435 km². A maioría destas illas están próximas da costa noroeste, incluíndo as coñecidas illas Valaam. O lago desemboca no Golfo de Finlandia (Mar Báltico) a través do río Nevá.
E imos coa pregunta de hoxe!

9. Relaciona estes países europeos coas súas capitales:
1. Alemaña a) Tallín
2. Polonia b) Budapest
3. Chipre c) Berlín
4. Hungría d) Nicosa
5. Estonia e) Varsovia
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: Serea de Varsovia/Carlos Delgado/es.wikipedia.org
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Monte Elbrús. Montaña localizada na parte occidental da cordilleira do Cáucaso, en Rusia, preto da fronteira coa Xeorxia. O Cáucaso, xunto cos Urais, por convención histórica unicamente (e sen base xeográfica), é considerado a fronteira entre Europa e Asia. O artificialismo da fronteira nun contexto xeográfico é exemplificado polo feito de que a parte setentrional do Cáucaso frecuentemente é considerada como Europa, e a parte meridional na Asia. Deste xeito o que moitos estudamos, o Mont Blanc con 4.807 m quedou relegado e é o monte Elbrus, con 5.642 metros sobre do nivel do mar, a montaña máis alta de Europa.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é o lago de auga doce máis grande de Europa?
- Lago Onega
- Lago Ladoga
- Lago Vänern
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Volga. Cos seus 3.645 km, é o máis longo de Europa e o 15.º máis longo do mundo. Nace nos outeiros de Valdái a 228 m de altitude, entre Moscova e San Petersburgo, e desemboca no mar Caspio. Tamén é o río máis caudaloso de Europa, cun caudal medio de 8.000 metros cúbicos por segundo.
E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é a montaña máis alta de Europa?
- Mont Blanc
- Monte Dij-Tau
- Monte Elbrús
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
Seguro que o escoitaches moitas veces, pero a forma correcta de dicilo e escribilo é outra!