Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE EUROPA VI

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cidade do Vaticano. Ten tan só 0,49 km2. Seguelle Mónaco con 2 km2 e San Marino con 61,19 km2.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o río mais largo de Europa

- Danubio

- Volga

- Ural

- Don

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxe: lifeder.com

CANTO SABES SOBRE EUROPA V

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Rusia. Con maís de 17 millóns de Km2, non só é o maior país de Europa senón o maior do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é o país máis pequeno de Europa?

- Mónaco

- San Marino

- Cidade do Vaticano

- Andorra

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como se di 'almohadilla' e 'ronronear'?

 

Como se chaman as ’almohadillas’ dos gatos e cal é o son que adoitan facer estes animais? Esther Estévez contesta a estas dúas dúbidas!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE EUROPA IV

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Aproximadamente 750 millóns de habitantes. Segundo a ONU: 747 millós, segundo Wikipedia: 743 millóns.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é o país máis grande de Europa?

- Francia

- Casaquistán

- Rusia

- Turquía

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxe: okdiario.com

CANTO SABES SOBRE EUROPA III

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é . Europa ten 10.530.751 km². Por diante están Asia con 44.541.138 km², América con 42.549.000 km², África  con 30.221.535 km², e por detrás temoa a Oceanía con 8.542.449 km².

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a poboación de Europa?

- Aproximadamente 43 millóns de habitantes

- Aproximadamente 750 millóns de habitantes

- Aproximadamente 1.000 millóns de habitantes

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxe: publico.es

#DígochoEu: Non digas *sudadera

 

Se en galego é incorrecto *sudar, tamén o é *sudadera. Daquela, como lle chamamos a esa peza de roupa ideal para facer deporte?

#DígochoEu

#DígochoEu: Concurso 'Unha canción para Esther'

 

Buscamos unha canción para que poida a cantar Esther. Vale calquera estilo... Só ten que estar escrita en lingua galega e ser orixinal Hai 1.500 euros en xogo! Consulta as bases en https://digochoeu.gal.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE EUROPA II

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é 50. Deles 43 con todo o territorio en Europa (Albania, Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Belarús, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Cidade do Vaticano, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Malta, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Noruega. Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, San Marino, Serbia, Suecia, Suiza, e Ucraína) e 7 euroasiáticos (Armenia, Acerbaixán, Chipre, Xeorxia, Casaquistán, Rusia e Turquía)

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Que lugar ocupa Europa en extensión co resto de continentes?

- 1º

- 2º

- 3º

- 4º

- 5º

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org e saberpractico.com    Imaxe:sites.google.com