Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE EUROPA

CANTO SABES SOBRE EUROPA

Europa é un dos continentes que forman o supercontinente euroasiático. Nós, somos europeos! Pero canto sabes sobre Europa?

Pois ben, dende hoxe poñerei a proba os teus coñecementos sobre iste tema. Comezamos!

1. Cantos países conforman Europa?

- 27

- 35

- 50

- 64

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e saberespractico.com

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 53

 

Esther e Rodrigo repasan hoxe como foi a súa participación no Land Rober, onde interpretaron a canción ’Falsos amigos’ en rigoroso ’playback’. Pero tamén houbo tempo para xogar ás palabras "raras" do galego e do portugués. A Esther tamén lle tocou explicarlle a Rodrigo todo o que se montou con Tamara Falcó, e como foi a entrevista que lle fixo ao ’xefe’ do Dicionario da Real Academia Galega.

 #DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *otoñal

 

Toma nota de todas as palabras que se forman a partir de outono!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XXII (FIN)

Remato coa serie na que puxemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1969. A provincia de Ifni foi unha provincia española de ultramar que se estendía nun pequeno territorio colonial situado na costa occidental do actual Marrocos ao redor da cidade de Sidi Ifni. Existiu como tal entre 1958 e 1969, aínda que xa desde 1958, por mor do desenlace da guerra de Ifni, o control de facto por parte de España da maior parte do territorio viuse substancialmente reducido; limitándose leste á cidade de Sidi Ifni e os seus arredores. O Tratado de Fes do 4 de xaneiro de 1969,​ propiciou a retrocesión de Ifni e o 30 de xuño de 1969 Marrocos asumiu a posesión do territorio.

E así remata esta serie, esperando que servise para recordar cousas do continente africano.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: sidi-ifni.com

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XXI

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tazania. O Parque Nacional de Serengueti é un Parque Nacional de grandes dimensións (cerca de 40.000 km²) na ecorrexión de Serengeti, no norte da Tanzania, limítrofe con Kenya, na África Oriental. É famoso polas migracións anuais de ñus, cebras e gacelas e outros antílopes que ocorren de maio a xuño. É Patrimonio Mundial da UNESCO desde 1981.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie…

22. No século XIX o capitalismo e a revolución industrial asentáronse en Europa e necesitaban expandirse en busca de rexións que proporcionasen materias primas e mercados. Entre os países europeos comeza unha carreira polo dominio de África, e do mundo. Esta carreira terá a súa expresión na Conferencia de Berlín de 1884-1885, na que os países europeos configuran a repartición de África. España non foi allea a esta situación. Unha desas colonias foi Ifni, situada no  sudoeste de Marrocos. Por certo, en que ano deixou de ser colonia española?

- 1.956

- 1.969

- 1.977  

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org  

#DígochoEu: Non digas *cotilleo

 

En galego non somos *cotillas, nin *cotilleamos, nin nos gusta o *cotilleo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XX

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte Lagos (Nixeria). Foi capital do país ata que en 1976 foi trasladada a Abuja. Sitúase nunha lagoa preto do golfo da Guinea, no suroeste do país, estendéndose sobre illas e terra firme unidos por pontes.  Segundo diversos estudos, é unha das urbes con maior crecemento demográfico de todo o mundo. Cunha poboación de 24 millóns de habitantes, está na pelexa de ser a cidade máis poboada de África co Cairo (Exipto) e Kinsasa (R.D. do Congo). A pesar de que conta cunha das principais redes de estradas do oeste de África, o tráfico en Lagos é un auténtico caos. Os atascos son frecuentes, e calcúlase que un condutor pasa de media 30 horas á semana no coche só para ir e volver do traballo.

E imos coa pregunta de hoxe…

20. O Parque Nacional de Serengueti, é un dos parques de grandes dimensións de África. En que país se atopa?

- Suráfrica

- Tanzania

- Namibia

- Kenia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e okdiario.com   Imaxe: es.wikipedia.org  

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XIX

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é República Democrática do Congo. É un país de África central, coñecido de 1971 a 1997 baixo o nome de Zaire. Foi unha antiga colonia belga: o Congo Belga. A capital é Kinshasa. Está situado na zona dos grandes lagos de África e é o terceiro país maior do continente. O coltán é un material moi escaso que sae fundamentalmente, nun 80%, de África. Do Congo, sobre todo, e algo de Nixeria. Tamén hai outras explotacións en Australia, Brasil e Tailandia. Así como o comercio do ouro está regulado e controlado, o do coltán non, por iso é polo que chegase a provocar un cruento enfrontamento no Congo. Alí, as antigas guerrillas da guerra do Congo (1998-2003) enfrontáronse para facerse co control das minas, unha fonte de diñeiro única para comprar armas e facerse máis poderosos, máis dominantes. Estes combatentes obrigaron a miles de persoas, adultos e nenos, a traballar nunhas condicións inhumanas. O coltán apenas enriqueceu á nación, que segue sendo unha das máis pobres do mundo, porque este recurso natural expórtase, case na súa totalidade, de maneira clandestina. Ás mafias dálles igual que os traballadores cobren unha miseria e paguen coas súas vidas a falta de seguridade.

E imos coa pregunta de hoxe…

19. Cal é cidade máis poboada de África?

- O Cairo (Exipto)

- Nairobi (Kenia)

- Kinsasa ( R.D. do Congo)

- Lagos (Nixeria)

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e laverdad.es   Imaxe: xatakaciencia.com