CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XX
Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.
A contestación correcta á pregunta de onte Lagos (Nixeria). Foi capital do país ata que en 1976 foi trasladada a Abuja. Sitúase nunha lagoa preto do golfo da Guinea, no suroeste do país, estendéndose sobre illas e terra firme unidos por pontes. Segundo diversos estudos, é unha das urbes con maior crecemento demográfico de todo o mundo. Cunha poboación de 24 millóns de habitantes, está na pelexa de ser a cidade máis poboada de África co Cairo (Exipto) e Kinsasa (R.D. do Congo). A pesar de que conta cunha das principais redes de estradas do oeste de África, o tráfico en Lagos é un auténtico caos. Os atascos son frecuentes, e calcúlase que un condutor pasa de media 30 horas á semana no coche só para ir e volver do traballo.
E imos coa pregunta de hoxe…
20. O Parque Nacional de Serengueti, é un dos parques de grandes dimensións de África. En que país se atopa?
- Suráfrica
- Tanzania
- Namibia
- Kenia
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org e okdiario.com Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios