Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *Nova Iorque

 

Moito dubidamos cos nomes de cidades do estranxeiro. Como se escribe *Nova Iorque? Esther Estévez dínolo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XVIII

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Nixeria. O país está localizado no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de Benín polo oeste, o Chad e o Camerún polo leste, e Níxer polo norte. No sur está a costa, co golfo da Guinea no océano Atlántico. Nixeria é o país máis rico de África en termos de Produto Interior Bruto (PIB). É a vixésimo sexta economía máis grande do mundo. O seu PIB é maior que o de moitos dos seus pares africanos máis desenvolvidos, como a República de Sudáfrica. Pero, a pesar diso, máis da metade da poboación vive por baixo do limiar da pobreza. Dotado de abundantes recursos naturais é rico especialmente en petróleo, ten as maiores reservas do continente. En setembro de 2021, o estado producía máis de 1,4 millóns de barrís por día. Ademais, este país produce gas natural, pedra calcaria, niobio, chumbo, terra cultivable, estaño, mineral de ferro e zinc.

E imos coa pregunta de hoxe…

18. O coltán é unha mestura de dous minerais: columbita e tantalita. Da columbita extráese o niobio e da tantalita, o tántalo. Este último é un metal de alta resistencia térmica, electro-magnética e corrosiva e por tales capacidades o seu uso está moi difundido na composición de dispositivos electrónicos: teléfonos móbiles, ordenadores, GPS, consolas, MP3, MP4, reprodutores de DVD, satélites... O niobio é semellante ao tántalo, alén do potencial como hipercondutor. Ambos os metais foron e continúan sendo fundamentais para o avance tecnolóxico da comunicación portátil. En que país africano atopanse as maiores reservas desta mestura de minerais?

- Senegal

- Ruanda

- Zambia

- República Democrática do Congo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e mundo-geo.es Imaxe: as.com   

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XVII

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Burundi. É unha pequena nación de África Oriental, que carece de saída ao mar. Está rodeada por Ruanda, a República Democrática do Congo e Tanzania. Burundi ten un PIB per cápita de tan só 200 euros por habitante. Se miramos a evolución do PIB per cápita de Burundi podemos ver que decreceu desde 2020, cando era de 205 euros por habitante, ao contrario que ocorre respecto a 2011, cando era de 178 euros.

E imos coa pregunta de hoxe…

17. Cal é o páis máis rico de África?

- Nixeria

- Exipto

- Alxeria

- Marrocos

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e datosmacro.expansion.com    Imaxe:Andy Waite/es.wikipedia.org    

#DígochoEu: Entrevista ao xefe do Dicionario da RAG

 

Como se fai un dicionario? Por que algunhas das palabras que máis se repiten no día a día non están incluídas na RAG? Resolvemos todas as nosas dúbidas con Manuel González, director do Dicionario da Real Academia Galega!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XVI

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é…

E imos coa pregunta de hoxe…

16. Cal é o páis máis pobre de África?

- Etiopía

- Chad

- Níger

- Burundi

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe:  es.m.wikipedia.org

#DígochoEu cumpre 1.000 días

 

O pasado luns fixemos 1.000 días seguidos, sen fallar un só, espallando o idioma galego polo mundo adiante co #DígochoEu. Este programa resume un pouco como foi esta aventura, que sería imposible sen o voso apoio. Moitas grazas!

#DigochoEu: #ApuntamentoLusófono 52

 

Esther e Rodrigo falan na véspera de acudiren ao ’Land Rober’ para presentar "Falsos amigos", unha canción que xa ten versión en portugués grazas ao traballo de tradución rápido que fixeron xunto con Nando, o autor do tema. Pero no programa de hoxe do #ApuntamentoLusófono, tamén se falou das cinco parodias que lle fixeron a Esther nos case 1.000 días que leva o espazo no aire.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XV

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-c, 2-e, 3-a, 4-b, 5-d. Eritrea ten por capital Asmara, Etiopía ten por capital Adís Abeba, Gabón ten por capital Libreville, Ghana ten por capital Acra e Liberia ten por capital Monrovia.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Relaciona as bandeiras co seu país…

- 1                a- Suráfrica

- 2                b- Somalia

- 3                c- Marrocos

- 4                d- Namibia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: es.wikipedia.org