Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *sellar

 

Nin *sello nin *sellar. Esquece estes dous castelanismos, que teñen a súa propia forma en galego.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XIV

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-b, 2-d, 3-e, 4-c, 5-a. Angola ten por capital Luanda, Botsuana ten por capital Goborone, Cabo Verde ten por capital Praia, Camerún ten por capital Yaundé e Chad ten por capital Yamena.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Relaciona o país africano coa súa capital...

1. Eritrea                     a. Libreville

2. Etiopía                     b. Acra

3. Gabón                     c. Asmara

4. Ghana                     d. Monrovia

5. Liberia                     e. Adís Abeba

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: es.wikipedia.org    

#DígochoEu: Non digas *capitana

 

Non digas *capitana. E logo como é o feminino de capitán? Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XIII

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Sáhara. É o segundo maior deserto do mundo (despois do da Antártida), localizado no norte de África, cunha área total de 9.065.000 km2, sendo apenas un pouco menor que a de Europa (10.400.000 km2). As fronteiras do Sáhara son: o océano Atlántico ao oeste, as montañas do Atlas e o mar Mediterráneo ao norte, o mar Vermello ao leste e o val do río Níxer ao sur. O Sáhara divide o continente africano en dous: África Norte e Subsahariana . A fronteira sahariana ao sur é marcada por unha faixa semiárida de sabana chamada Sahel, e ao sur de Sahel encóntrase a rexión chamada o Sudán. O segundo deserto de áfrica, en tamaño, é o Kalahari.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Relaciona o país africano coa súa capital...

1. Angola                     a. Yamena

2. Botsuana                 b. Luanda

3. Cabo Verde              c. Yaundé

4. Camerún                  d. Goborone

5. Chad                         e. Praia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: neteacnur.org

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XII

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Suráfrica. O Apartheid foi un sistema político foi impulsado polos descendentes dos colonos europeos, que querían manter os seus privilexios fronte á poboación autóctona. A discriminación racial dos afrikáneres cara á poboación negra non foi formalizada senón ata 1948, data na cal empezou a tomar forma xurídica ao ser apoiada por leis promulgadas para ese efecto. Moitos países deron as costas a Suráfrica por mor das súas leis racistas. O apartheid foi suprimido en 1991. Un dous maiores activistas contra o apartheid  foi Nelsón Mandela, que chegou a ser Presidente do país (1994-1999) e premio Nobel dá Paz en 1993.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é o deserto máis grande de África?

- Namib

- Kalahari

- Sáhara

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: saberesafricanos.net

#DígochoEu: Non digas *virxinidade

 

Sabías que en galego non podes perder a *virxinidade? Toma nota do que Esther Estévez dinos neste capítulo porque non é a única palabra conflitiva deste tipo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XI

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Lago Vitoria. É un dos Grandes lagos africanos, localizado nun planalto elevado na parte occidental do Gran Val do Rift, na África oriental. O nome foille dado en honor da raíña Vitoria polo explorador John Hanning Speke, o primeiro británico en documentar a súa existencia en 1858, no transcurso dunha expedición con Richard Francis Burton para localizar as Fontes do Nilo. En termos de superfice, con 68.870 km² (aproximadamente o mesmo que a Irlanda), é o maior lago do continente africano, o maior lago tropical no mundo e o segundo maior lago de auga doce do mundo, só superado pola superficie do lago Superior de América do Norte. En termos de volume, é o sétimo maior lago de auga doce do mundo con 2.750 km³ de auga. É unha das nacentes do río Nilo, o Nilo Branco. Recibe principalmente as súas augas das precipitacións e de milleiros de pequenos regatos. O maior curso de auga que verte no lago é o río Kagera, cuxo delta está na costa oeste do lago; e só é drenado polo río Nilo preto de Jinja, na costa setentrional. O lago Vitoria ocupa unha depresión pouco profunda cunha profundidade máxima de 84 m é unha profundidade media de 40 m.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. O apartheid foi o sistema de segregación racial que consistía na creación de lugares separados, tanto habitacionais como académicos ou recreativos, para os diferentes grupos raciais, no poder exclusivo das persoas de pel branca para exercer o voto e na prohibición de matrimonios ou mesmo relacións sexuais entre brancos e negros. En que país africano existiu este sistema?

- Senegal

- Etiopía

- Botsuana

- Suráfrica

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: Walter Dhladhla / AFP/lavanguardia.com

#DígochoEu: Podo dicir 'desencadeante'?

 

A palabra ’desencadeante’ non aparece no dicionario, pero sería correcto usala? Esther Estévez resolve a dúbida!

#DígochoEu