Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? X

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Atlantico, Índico, Mediterráneo e Vermello.  África está situada entre os océanos Atlántico, ao oeste, e Índico, ao leste. O mar Mediterráneo sepárao ao norte do continente europeo; o punto no que os dous continentes áchanse máis próximos é o estreito de Xibraltar de 14,4 km de ancho. O mar Vermello sepárao ao leste da península arábiga e queda unido a Asia a través do istmo de Suez, en territorio exipcio.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

10. Cal é omaior lago de África?

- Lago Alberto

- Lago Vitoria

- Lago Tanganica

- Lago Kivu

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: comunidadclubmarcopolo.com  

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 51

 

Tras o descanso do verán , volveu o #ApuntamentoLusófono... E coa estrea de ’Falsos amigos’, a primeira canción do #DígochoEu! Iso si, antes da estrea, Esther e Rodrigo tiveron tempo de contarnos como foron as súas vacacións.

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? IX

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Madagascar. A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada pola canle de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a cuarta maior illa do mundo, e a maior de África.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

9. Con que mares limita África?

- Atlantico, Índico e Mediterráneo

- Atlántico, Mediterráneo

- Atlantico, Índico, Mediterráneo e Vermello

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: NASA/ es.wikipedia.org    

#DígochoEu: 'Hockey'? 'Hóckey'? 'Hoquei'? 'Hóquei'?

 

Como se escribe? ’Hockey’? ’Hóckey’? ’Hoquei?’ ’Hóquei?’ Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

Xa podes apuntarte á segunda edición dos premios #DígochoEu

 

Xa está de volta o concurso de vídeos do #DígochoEu! Se queres participar só tes que falar co teu ’profe’ para facer a inscrición na nosa web https://digochoeu.gal. Hai moita diversión e grandes premios en xogo! Este ano establecemos dúas categorías: Primaria e Secundaria. E os premios son de 500, 300 e 200 euros. Bule!

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? VIII

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Kilimanjaro. Localizado no norte de Tanzania, xunto á fronteira con Kenya, é o punto máis alto de África, cunha altitude de 5.895 m. Este antigo volcán, co cume cuberto de neves eternas, érguese no medio dunha planicie de sabana, ofrecendo un espectáculo único. O segundo punto máis elevado de África é o Monte Kenia con 5.199 m.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

8. Cal é o país insular máis grande de África?

- Mauricio

- Stanley

- Madagascar

- Seychelles

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: viajar.elperiodico.com

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? VII

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Nilo. É o maior río de África, que flúe en dirección norte a través de dez países —Burundi, Ruanda, Tanzania, Uganda, Kenya, República Democrática do Congo, o Sudán do Sur, o Sudán, Exipto e Etiopía— ata desaugar no extremo sueste do mar Mediterráneo, formando o gran delta do Nilo, sobre o que están situadas as cidades do Cairo e Alexandría. Ten unha lonxitude de 6.853 km, o segundo río más longo do mundo, tras o Amazonas. O segundo río máis longo de África é o Congo.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

7. Cal é a montaña máis alta de África?

- Kenia

- Stanley

- Kilimanjaro

- Toubkal

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: Sergey Pesterev / Wikimedia Commons

#DígochoEu: Non digas *canicas

 

 En galego non xogamos ás *canicas! Sabes como se di correctamente?

#DígochoEu