CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? VIII
Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.
A contestación correcta á pregunta de onte é Kilimanjaro. Localizado no norte de Tanzania, xunto á fronteira con Kenya, é o punto máis alto de África, cunha altitude de 5.895 m. Este antigo volcán, co cume cuberto de neves eternas, érguese no medio dunha planicie de sabana, ofrecendo un espectáculo único. O segundo punto máis elevado de África é o Monte Kenia con 5.199 m.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é o país insular máis grande de África?
- Mauricio
- Stanley
- Madagascar
- Seychelles
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: viajar.elperiodico.com
0 comentarios