Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? VI

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Nixeria. Con máis de 207 millóns de habitantes, Nixeria é o país máis poboado de África e o sétimo país máis poboado do mundo, conta con aproximadamente un sexto da poboación do continente africano. En segundo lugar, moi de loxe está Exipto con máis de 107 millóns.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o río máis grande de África?

- Congo

- Zambeze

- Nilo

- Limpopo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: iagua.es

#DígochoEu:

 

Os paxaros voan con o aberto ou pechado? Toma nota deste capítulo de fonética!

#DígochoEu

#DígochoEu: 'No 2022' ou 'en 2022'?

 

’No 2022’ ou ’en 2022’? Cal é a forma correcta de dicilo? Toma nota do que di Esther Estévez!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? V

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Alxelia. Con 2.381.741 km2 é o país máis grande de África. Está situado ao norte do continente. Xunto con Marrocos, Tunes, Mauritania e Libia, é un dos países que comprenden o Magreb. A súa capital é Alxel.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

5. Cal é o país máis poboado de África?

- Nixeria

- Etiopía

- Exipto

- R.D. Congo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e es.educaplay.com    Imaxe: es.wiktionary.org

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? IV

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é 15%.Con máis de 1.300 millóns de persoas, representa o 15% da poboación mundial.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

4. Cal é o país máis grande de África?

- Nixeria

- Sudán

- Alxelia

- Suráfrica

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e es.educaplay.com    Imaxe: arainfo.org

#DígochoEu: Non digas *vorágine

 

Nin *vorágine nin *voráxine. Cal é a forma correcta entón? Esther Estévez dínolo!

 #DígochoEu

#DígochoEu: Podo dicir 'loce o sol'?

 

Pódese dicir ’loce o sol’? Ou sería ’luce o sol’? Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? III

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é 54. África conta con 54 estados soberanos plenamente recoñecidos, nove territorios e dous estados independentes de facto non recoñecidos ou con recoñecemento limitado.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Da poboación mundial, cal é porcentaxe que vive en África?

- 8%

- 15 %

- 38 %

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxe: culturizando.com