Blogia
vgomez

DOCENCIA

ARTE PARA UN FUTURO SOSTIBLE

 

As primeiras formas de expresión simbólica, de arte, remóntanse aos neandertais, pero o Homo Sapiens elevou ese simbolismo a manifestacións como a poesía, o teatro, o cinema ou a música. É probable que os primeiros golpes a un tambor de Kike Labián soasen a ruído ancestral. Comezou a tocar a percusión con tan só catro anos e hoxe é un referente do impacto social a través da arte en España. “A arte e a educación pódense utilizar para cambiar realidades”, asegura o artista.

 O seu instrumento: a marimba. Un curioso dispositivo de gran beleza sonora cuxo dominio veleulle, entre outros, o prestixioso premio Intercentros Melómano. Kike Labián é un novo talento formado no Conservatorio ‘Marcos Redondo’ de Ciudad Real e no recoñecido Centro Superior de Música do País Vasco ‘Musikene’. Crítico co sistema educativo musical e co concepto de artista tradicional, Labián dirixe a compañía de artes escénicas e innovación social Kubbo. “Dedicámonos a cambiar o mundo a base de dar golpes a bidóns, música electrónica, danza e acrobacias”, explica con acento posmilenial. Ademais, é titor no programa de Emprendemento e Innovación da Escola Superior de Música Raíña Sofía.

 Convencido do potencial da arte e da autoridade dos mozos para transformar o mundo, este experto en novas narrativas apela á curiosidade e ao espírito crítico como motores de cambio. E evocando aqueles orixes da arte, sentenza: “Todo é susceptible de ser mirado con lentes de artista, porque alá onde haxa persoas sempre haberá arte”.

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? II


Continúo coa serie, que onte comezamos, na que poñemos a proba os teus coñecementos sobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é , con 30.221.535 km2. A orde sería: 1º Asia ≈ 44.500.000 km². 2º América ≈ 42.500.000 km² (América do Norte: 24.473.000 km²; América do Sur: 17.819.000 km²). 3º África ≈ 30.100.000 km². 4º Europa ≈ 10.000.000 km². 5º Oceanía ≈ 8.800.000 km².

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cantos estados soberanos conforman África?

- 80

- 54

- 40

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e rhinoafrica.com/es              Imaxe: definicion.de/africa/

#DígochoEu: Non digas *palista

 

 A palabra *palista é incorrecta tanto dentro como fóra do deporte. Daquela, como é?

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA?

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA?

De nenos, todos estudamos a xeografía de África e algo da súa historia no colexio, en maior ou menor medida. Quen non lembra esas interminables clases de xeografía aprendendo cal é río máis longo do continente? Con todo, co paso dos anos todos estes coñecementos vanse difuminando ata converterse en algo afastado que a duras penas logramos lembrar.

A partir de hoxe porei a proba os teus coñecementos dobre iste continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

Anímaste? Pois comezamos!

1. O continente africano, referente a súa extensión, ocupa o lugar...

- 1º

- 2º

- 3º

- 4º

- 5º

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE:  wikipedia.org blog. e rhinoafrica.com/es        Imaxes: Byelikova_Oksana/iStock e significados.com

SOBRE A GRAVIDADE X

Remato coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".

Se onte falamos da gravidade cuántica, hoxe tócalle a…

10. A canto debemos viaxar para escapar da atracción gravitatoria da Terra?

A velocidade de escape é aquela que necesita calquera corpo, incluída a luz, para escapar da atracción gravitacional da Terra, ou calquera outro obxecto de gran masa; e desprazarse no espazo seguindo unha traxectoria parabólica e conseguir chegar a unha hipotética distancia infinita con velocidade cero. A velocidade de escape na superficie da Terra é de 40.320 km/h (11,2 km/s), o que equivale a 1,12·10⁴ m·s⁻¹. A velocidades inferiores o vehículo espacial converteríase nun satélite artificial en órbita elíptica arredor do obxecto que o atraia. Para calcular a velocidade de escape, úsase a seguinte expresión:

na cal: Ve = Velocidade de escape. G = Constante da gravitación universal (6,672 × 10-11 N m2/kg2). M = Masa do corpo celeste (planeta, satélite ou estrela) e R = raio do corpo celeste.

A velocidade de escape desde a superficie da Lúa é de 2,38 km/s, desde a superficie de Marte 5,03 km/s, e desde a superficie do Sol 617,7 km/s.

FIN

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gl.wikipedia.org    Imaxe: elfisicoloco.blogspot.com

#DígochoEu: Como se di 'estropajo'?

 

Como se di ’estropajo’ en galego? Toma nota de todas as opcións que hai!

#DígochoEu

SOBRE A GRAVIDADE IX

Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".

Se onte falamos de que os obxectos moi masivos poden crear ondas, hoxe tócalle a…

9. Gravidade cuántica

 

A gravidade é moi débil, pero canto máis xuntos están dous obxectos, máis forte vólvese. En última instancia, alcanza a forza das outras forzas a unha distancia moi pequena coñecida como lonxitude de Planck, moitas veces máis pequena que o núcleo dun átomo. Aí é onde os efectos da gravidade cuántica serán o suficientemente fortes como para medilos, pero é demasiado pequeno para que calquera experimento próbeo. Por agora serve de base teórica como obxecto de establecer a que se coñece como teoría do campo unificado.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es     Imaxe: naukas.com

#DígochoEu: Non digas *despechada

 

Nin *despechada nin *despechá. En galego andamos doutra maneira, presta atención á explicación de Esther Estévez!

#DígochoEu