#DígochoEu: Como se di 'extrovertido'?
Preguntan como se di ’extrovertido’ en galego porque non aparece na RAG. Atende ben á explicación de Esther Estévez!
Preguntan como se di ’extrovertido’ en galego porque non aparece na RAG. Atende ben á explicación de Esther Estévez!
Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".
Se onte falamos da ausencia de gravidade no organismo, hoxe tócalle a…
8. Os obxectos moi masivos poden crear ondas gravitacionais

As teorías de Albert Einstein describen como os obxectos masivos distorsionan o espazo-tempo. A medida que estes obxectos móvense deberían crear ondas no tecido mesmo do espazo. E precisamente un equipo de científicos anunciou en 2016 poder observar unha colisión entre dous buracos negros a uns 1.800 millóns de anos luz de distancia. Esta observación era compatible coas predición da relatividade xeral feitas previamente polo físico alemán. A colisión converteu a masa de aproximadamente 3 soles en enerxía de ondas gravitacionales nunha fracción de segundo.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxe: agenciasinc.es
*Cuchitril é un castelanismo! Toma nota das opcións que temos para dicilo correctamente en galego.
Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".
Se onte falamos de que a gravidade é a forza máis debil, hoxe tócalle a…
7. A ausencia de gravidade no organismo

Talvez un dos aspectos máis rechamantes da ingravidez, a partir da experiencia dos astronautas, sexa a percepción polo propio corpo dos cambios fisiolóxicos que obrigan ao organismo para realizar adaptacións sorprendentes para conservar a súa identidade.
Sangue, hormonas, receptores de varios tipos, músculos, osamenta e moitos outros dos nosos perpiaños entran nun baile maldito ao que hai que poñer freo para non sucumbir. E así, cando a masa de sangue que en posición vertical sometida á gravidade tende a acumularse nas rexións inferiores do corpo, vese liberada da atracción terrestre, é desprazada cara ás zonas superiores, producíndose unha redistribución que explica a hinchazón da cara. As pernas, polo efecto contrario, adelgazan. Os expertos, irreverentes, falan de "patas de pito". O fluxo do sangue cara á parte superior do corpo afecta o corazón, que non está habituado a esa sobrecarga. Os receptores de volume deste órgano, entre outros, dan un sinal de alarma. O cerebro é informado e pon en marcha a inhibición dunha hormona de nome elocuente: antidiurética. A súa diminución no sangue xunto á posta en escena doutra diminución hormonal que afecta á perda de sal polo ril, explica as perdas de peso ao pouco tempo de iniciado o voo, como resultado dunha gran excreción de ouriños. Ao quinto día, aproximadamente, o corpo, falto agora de líquido pola perda de ouriños, inviste os mecanismos.
O peso e os volumes do astronauta volven á normalidade. Ademais o corpo cambia tambien na súa talla. Os astronautas fanse máis esveltos mentres exercen de tales e só volven ao seu tamaño cando regresan á Terra. Estes cambios non parecen entrañar perigos que comprometan a saúde. Algo menos estudado é o problema que supón a deterioración dos ósos durante o voo. Sábese que existe unha perda de masa ósea, especialmente no talón, co consecuente aumento de calcio no sangue, onde este é recollido. Ese calcio en exceso debe ser eliminado polos riles, co perigo de formación de cálculos. Polo momento non se teñen as claves para comprender esta deterioración.
Moitos outros sistemas corporais despístanse en ausencia de gravidade. Os receptores que nos axudan a manter o equilibrio, situados no oido interno, reciben sinais ás que non están afeitos. Por fortuna, os efectos desaparecen moi pronto. Ao regresar á Terra, os seus corpos e mentes necesitan tempo para recuperarse. A presión arterial ten que volver a un patrón terrestre. O organismo ten que volver axustarse básicamente.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e Elena Escudero/elpais.com Imaxe: es.wikipedia.org
Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".
Se onte falamos do gravitón, hoxe tócalle a…
6. É a forza máis débil

Aínda que poida parecer estraño, a gravidade é en realidade a forza máis débil que coñecemos actualmente. Só atrae e non ten unha versión negativa que separe os obxectos. Si que é o suficientemente poderosa para manter unidas ás galaxias pero, á vez, é moi débil en comparación con outras forzas. A forza eléctrica entre un electrón e un protón dentro dun átomo é ao redor dun trillón de veces máis forte que a atracción gravitacional entre eles. Por iso un imán da túa neveira é máis forte que a gravidade terrestre.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol ".
Se onte falamos da gravidade no Sistema Solar, hoxe tócalle a…
5. Gravitón

Un gravitón é unha partícula elemental hipotética que transmitiría a interacción gravitatoria na maioría de modelos de gravidade cuántica. A partícula sen masa que “transportaría” a gravidade. Foi teorizada en 1930 por un grupo de científicos (Dmitri Ivanovich Blokhintsev e FM Gal’perinen), despois de varias complicacións coa creación dunha teoría do todo. Sabíase que a luz era un fotón; a carga negativa, un electrón; a masa, un bosón; pero dá igual o que tentasen, a gravidade non conectaba correctamente coas teorías. Para solucionar isto, tentaron asimilala a unha partícula. Aínda así, as súas matemáticas esborralábanse. Por esa razón ideouse a teoría de cordas, para poder facer cálculos precisos. De acordo coas propiedades do campo gravitatorio, o gravitón debe ser un bosón de espín par (2 neste caso), xa que está asociado a un campo clásico tensorial de segunda orde. En canto á masa do gravitón as medicións experimentais dan unha cota superior da orde de mg = 1,6 × 10−69 kg, aínda que podería ser exactamente cero.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org