#DígochoEu: Non digas *decolorar
Nin *decolorar nin *decolorante! En galego temos varias palabras onde escoller e Esther Estévez dínolas!
Nin *decolorar nin *decolorante! En galego temos varias palabras onde escoller e Esther Estévez dínolas!
Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".
Se onte falamos de como é a gravidade na Terra, hoxe tócalle a…
4. A gravidade no Sistema Solar

A forza en que a gravidade afecta os corpos depende de dúas cousas: Unha é a masa dos obxectos. Outra é a distancia entre os obxectos. A medida que aumenta a masa dun obxecto, a atracción aumenta. Se a distancia entre os obxectos aumenta, a atracción diminúe.
Esta é a gravidade no nosos Sistema Solar:
Mercurio 3,7 m/s²
Venus 8,87 m/s²
A Terra 9,807 m/s²
Marte 3,71 m/s²
Xúpiter 24,79 m/s²
Saturno 10,44 m/s²
Urano 8,87 m/s²
Neptuno 11,15 m/s²
A gravidade da Lúa é 1,62 m/s² e a gravidade de Plutón que é un planeta anano é de 0,62 m/s². A gravidade do Sol a nosa estrela é de 274 m/s².
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e deplanetas.com Imaxe: flexbooks.ck12.org/cbook
Xa vimos que no último #ApuntamentoLusófono da temporada Esther e Rodrigo xogaron a adiviñar significados de palabras. Velaquí van os termos en galego que tanto o sorprenderon a el!
Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".
Se onte falamos de que a gravidade é unha teoría, non unha lei, hoxe tócalle a…
3. Como é a gravidade na Terra?

A aceleración dos obxectos debido á gravidade na Terra é de ao redor de 9,807 m/s². Se ignoramos a resistencia do aire (arrastre), a velocidade dun obxecto que cae á Terra aumenta a esta cifra. A intensidade dun campo gravitatorio represéntase coa letra g e mídese, no Sistema Internacional, en N/kg (newtons por quilogramo) ou na forma equivalente de m/s².
O peso dun obxecto na supericie da Terra é a forza cara abaixo sobre ese obxecto, dada pola segunda lei de movemento de Newton, ou F = ma ( forza = masa × aceleración). A aceleración gravitacional contribúe á aceleración da gravidade total, pero outros factores, como a rotación da Terra, tamén contribúen e, por tanto, afectan o peso do obxecto. A gravidade normalmente non inclúe a atracción gravitacional da Lúa e o Sol, que se explican en termos de efectos de marea. É unha cantidade vectorial (física), cuxa dirección coincide cunha chumbada.
A Terra non é unha esfera perfecta e a súa composición tampouco é uniforme en todo o mundo. Os diferentes tipos de rochas, concentracións de minerais e a xeografía, en xeral, fai que afecte directamente á gravidade, sendo diferente en segundo que lugares da superficie da Terra. Nos polos, a gravidade é distinta. Débese aos cambios na latitude e na altitude. Alí pesaremos pesaremos 0,5% máis que estando no ecuador.
Continuará…
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gl.wikipedia.org
Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".
Se onte falamos das cuestións preliminares e un camino de xenios, hoxe tócalle a…
2. A gravidade é unha teoría, non unha lei

A gravidade é unha das catro forzas fundamentais da natureza, xunto co electromagnetismo, a forza débil e a forza forte. Goberna o movemento dos planetas ao redor do Sol, mantén unidas ás galaxias e determina a estrutura do propio universo. Aínda que a antiga lei de Newton da gravitación universal é precisa na maioría de escenarios, a física moderna utiliza a teoría da relatividade xeral de Einstein, para describila. É unha das teorías máis exitosas coas que conta o ser humano.
En física, a relatividade xeral é a xeneralización, publicada en 1915 por Albert Einstein, da Teoría da gravitación de Newton. Esta nova teoría, tendo en conta as ideas descubertas na relatividade restricta sobre o espazo e o tempo, propón a xeneralización do principio da relatividade do movemento de referenciais en movemento uniforme para a relatividade do movemento mesmo entre referenciais en movemento acelerado. Esta xeneralización ten implicacións profundas no coñecemento do espazo-tempo, levando entre outras conclusións á de que a materia (enerxía) curva o espazo e mailo tempo ao redor seu. É dicir, a gravitación é un efecto da xeometría do espazo-tempo.
Moitas previsións da relatividade xeral difiren significativamente das da física clásica, especialmente no que respecta ao paso do tempo, a xeometria do espazo, o movemento dos corpos en caída libre, e a propagación da luz. Exemplos desas diferenzas son a dilatación gravitacional do tempo, o desvío gravitacional para o vermello da luz, e o tempo de atraso gravitacional. As previsións da relatividade xeral foron confirmadas en todas as observacións e experimentos feitos até o presente. Porén a relatividade xeral non é a única teoría relativística da gravidade, pero é a máis simple das teorías que son consistentes cos datos experimentais. Mentres, hai cuestións aínda sen resposta, sendo a máis fundamental delas o explicar como a relatividade xeral pode ser conciliada coas leis da física cuántica para producir unha teoría completa e autoconsistente da gravitación cuántica.
A teoría de Einstein ten importantes implicacións astrofísicas. Apunta á existencia de buracos negros (rexións do espazo onde o espazo e o tempo son distorsionados de tal forma que nada, nin mesmo a luz, pode escapar) como un estado final para as estrelas macizas. Hai evidencias de que eses buracos negros estelares, como outras variedades macizas de buracos negros, son responsábeis da intensa radiación emitida por certos tipos de obxectos astronómicos, como núcleos activos de galáxias ou microquásares. O desvío da luz pola gravidade pode levar ao fenómeno de lente gravitacional, onde varias imáxenes do mesmo obxecto astronómico distante son visíbeis no ceo. A relatividade xeral tamén prevé a existencia de ondas gravitacionais, que xa foran medidas indirectamente; unha medida directa é o obxectivo dalgúns proxectos, como o LIGO. Alén diso, a relatividade xeral é a base dos actuais modelos cosmolóxicos dun universo sempre en expansión.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gl.wikipedia.org
Como se chaman estes instrumentos en galego? Descubrímolo cos rapaces e rapazas da Federación Galega de Bandas de Música!

A gravidade, esa forza que une os obxectos en proporción á súa masa, e a responsable de que se soltas algo na Terra, caerá cara abaixo, en lugar de caer cara arriba, é unha materia de estudo bastante complexa. Esta forza universal fai que se unan entre si pedazos de materia para formar planetas como o noso, e estrelas como o noso Sol. Sen ela o noso corpo sufriría moitos cambios, pois os músculos, os ósos, ata o sangue, sente a gravidade e grazas a ela o corpo funciona como o fai.
Aínda que que apenas pensemos na gravidade na nosa vida diaria, debemos darnos conta de que define a forma en que interactuamos co mundo. Crecemos dentro das súas limitacións e, como dixemos o noso corazón e todo o noso sistema orgánico depende dela.
Todo obxecto que ten masa exerce unha forza ou atracción gravitacional sobre calquera outra masa. A forza deste tirón depende da masa dos obxectos en xogo. A gravidade é o que mantén aos planetas en órbita ao redor do Sol e a Lúa ao redor da Terra.
Na escola, aprendemos algunhas ideas básicas sobre a gravidade, pero debido ao importante que é esta forza física, moitos acaban adaptando conceptos erróneos e a ter certas lagoas na comprensión da mesma.
Que é a teoría da gravidade? Segundo a NASA, a gravidade é "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol". Así, calquera cousa que teña unha masa de calquera tipo exercerá ou estará baixo a influencia da gravidade. Por tanto, os obxectos con maior masa teñen tamén máis gravidade e a forza debilítase canto máis lonxe estás dun centro de masa.
A gravidade na Terra é máis intensa nalgún lugar que noutro? Cambia dun lugar a outro da Terra? Hai algún lugar da Terra onde non haxa gravidade? Pódese chorar no espazo? A partir de hoxe e durante varios días, exploraremos estas e outras cuestións relativas á gravidade.
Comezamos!

1. Un camiño de xenios
En tempos de Aristóteles críase que os obxectos pesados caen máis rápido que os que pesaban menos, nun intento de comprender como funcionaba a gravidade. Grazas a Galileo Galilei, no século XVI, demostrouse que os obxectos lixeiros caían máis lentamente debido á resistencia do aire, pero o efecto gravitacional era o mesmo en todos eles. De Galilei pasamos a Newton, quen en 1687 probou que a forza que causaba a caída dunha mazá era a mesma que a forza que mantiña á Lúa en órbita ao redor da Terra; aínda que non explicaba a órbita de Mercurio. Con todo, foi Albert Einstein en 1915 quen resolveu do todo o problema, considerando a gravidade como unha consecuencia da curvatura do espazo-tempo.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es