Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Como se di 'gatillazo'?

 

Está claro que os seguidores do #DígochoEu teñen todo tipo de dúbidas! Como se di gatillazo en galego?

#DígochoEu

#DígochoEu: Galego básico: adverbios de tempo

 

Neste episodio, Esther Estévez, tráenos unha chea de adverbios de tempo, toma nota!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *senderismo

 

Facer longos percorridos camiñando está xenial, pero non se chama *senderismo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? XV(FIN)

Remato coa serie adicada ás relixións do mundo, na que podeches averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Xudaísmo-Tora, Cristianismo-Biblia, Islam-Corán, Budismo-Tipitaka e Hinduísmo-Vedas. Matizar que, respecto ao Xudaísmo, o Tanakh  tamén coñecido como Mikrá, é o conxunto dos vinte e catro libros sacros canónicos no xudaísmo, dividido en tres grandes partes: a Torá (Lei), os Nevi’im (Profetas) e os Ketuvim (Escritos). Respecto ao Budismo, o Tipitaka, tamén coñecido como Canon Pali, é o tripla conxunto de textos escritos en idioma pali e compostos no norte da India que recollen as ensinanzas de Buda, divididos en Vinaia-pitaka ou regras monásticas, Sutta-pitaka ou sermóns atribuídos a Buda e Abhidhamma-pitaka ou parte doutrinal e conceptual que fundamenta o budismo. Referente ao Hinduísmo, os primeiros escritos hinduístas son catro textos coñecidos como Vedas, compostos con anterioridade ao ano 1.000 a.C. Son os primeiros exemplos da tradición escrita hinduista, o Rig Veda é o máis antigo dos Vedas, contén máis de mil himnos escritos en sánscrito dirixidos aos deuses dos catro elementos: lume, terra, auga e aire. O Sama Veda, ou Veda das melodías, é unha recompilación de estrofas (tomadas case todas do Rig Veda) é como un libro de cantos. O Yajur Veda, ou Veda das fórmulas, recolle principalmente as fórmulas dos sacrificios. O Atarva Veda recolle o saber dos sacerdotes, contén fórmulas máxicas e esconxuros.

Espero que esta serie fose útil. Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org e canalinstitucional.tv      Imaxe: es/wikipedia.org

#DígochoEu: Cinco palabras 'raras' en portugués

 

No último #Apuntamento  Lusófono da temporada Esther e Rodrigo xogaron a adiviñar o significado de diferentes palabras do galego e do portugués e a cousa deu bastante de si!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? XIV

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era XVI. O protestantismo abrangue o conxunto das igrexas e comunidades cristiás xurdidas no século XVI en Europa Occidental, separadas da Igrexa católica a partir do labor reformador do ex-monxe agostiño Martiño Lutero (Eisleben, Alemaña-1483 - Eisleben, Alemaña-1546), iniciador do luteranismo. O protestantismo é unha das ramas do cristianismo. Foron orixinariamente grupos de disidentes que, alegando que a Igrexa católica viña incorrendo en numerosos erros teolóxicos, separáronse desta nun proceso que se denomina a Reforma protestante. Desde entón, os protestantes negan o primado do apóstolo Pedro e por conseguinte a sucesión apostólica dos bispos de Roma e a eficacia dos sacramentos. Cren no sacerdocio de todos os crentes, a salvación soamente pola fe e non polas boas obras, e a autoridade suprema da Biblia por encima da tradición apostólica.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

14. Relaciona cada relisión co seu libro sagrado:

- Xudaísmo                           - Vedas

- Cristianismo                      - Tipitaka

- Islam                                   - Tora

- Budismo                             - Corán

- Hinduísmo                         - Biblia

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org e canalinstitucional.tv  Imaxe: rahyafteha.ir/es

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? XIII

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era O Deus deste reino é un deus “trinitario”. Esta afirmación é falsa. Para eles, o Deus deste reino non é un deus “trinitario.” Só el é o Soberano Universal, cuxo nome é Jehová. Xesucristo non é parte dunha “deidade,” senón que é o Fillo de Jehová, un individuo separado e distinto. Este Fillo é Aquel a quen Deus senta sobre o trono do Reino, o cal gobernará á Terra por mil anos, para facer que se faga a vontade de Deus na Terra como se fai no ceo.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. As numerosas igrexas reformadas, tamén chamadas protestantes ou evanxélicas, xorden en Europa central, sobre todo tras a rebelión de Martín Lutero contra o poder central da Igrexa católica. En que século se produce?

- XIV

- XV

- XVI

Mañá a solución e a última pregunta da serie!

FONTE: es.wikipedia.org e canalinstitucional.tv  Imaxe: Lucas Cranach el Viejo/es.wikipedia.org

#DígochoEu: Ás voltas cos cuarteiróns

 

Hai algunha outra palabra para referirse aos cuarteiróns das laranxas?

#DígochoEu