Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? XII

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Budismo. Denomínanse tradicionalmente relixións abrahámicas ao xudaísmo, cristianismo e islam, por trazaren a súa orixe na tradición bíblica do patriarca Abraham, quen rexeitou os deuses imperantes na súa terra natal e propugnou a idea dun Deus único, creador, xuíz, non coñecible, omnipotente e eterno. As características destas relixións son: O monoteísmo, a crenza nun só deus. A crenza que ese deus único guía á humanidade por medio da revelación aos profetas, e cada relixión incorpora as ensinanzas que Deus revelou por medio dun libro sagrado. Orixes semíticas. Orientación ética, todas definen a elección entre o ben e o mal e demandan obediencia aos preceptos establecidos por Deus. Unha visión escatolóxica da historia e do destino, comezando coa creación e coa participación activa de Deus. Importancia de Xerusalén.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Testemuñas de Xehova é o nome dun grupo relixioso internacional que promove e practica unha relixión entendida polos seus adherentes como unha restauración do modo de vida e ideas orixinais dos primeiros cristiáns do século I. Das seguintes afirmacións hai unha que NON é correcta sobre este grupo relixioso:

- Xurdiron a partir dun grupo de cristiáns restauracionistas pertencentes ao movemento Estudantes da Biblia, o cal fora organizado polo estadounidense Charles Taze Russell nos anos 1870 no condado de Allegheny, Pensilvania.

- O Deus deste reino é un deus “trinitario.”

- Sosteñen que a Biblia é a completa Palabra de Deus (os sesenta e seis libros do “Antigo e Novo Testamentos”.

- Nas reunións das congregacións non hai ritual. As reunións son para educación... estudo e consideración da Biblia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.orgwol.jw.org/es     Imaxe: infocatolica.com e jw.org

#DígochoEu: Como é? 'Verán', 'vran' ou 'vrao'?

 

Cal é a forma correcta de chamarlle a esta estación do ano? Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? XI

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Non cre na existencia de Deus. O ateísmo é o rexeitamento á crenza na existencia dunha ou máis deidades. En sentido estrito, é a postura expresa na que non existe ningún deus. Nun sentido máis amplo, é a ausencia de crenza en que exista algunha deidade. Oponse ao teísmo, que na súa forma máis xeral é a crenza na existencia de polo menos unha deidade. As primeiras persoas en identificarse a si mesmas coa palabra «ateo» viviron na Ilustración durante o século xviii. A revolución francesa, notable polo seu "ateísmo sen precedentes", presenciou o primeiro gran movemento político da historia en avogar pola supremacía da razón humana.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Destas relixións cal NON é habrahámica?

- Budismo

- Cristianismo

- Xudaísmo

- Islam

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: É correcto escribir 'violonchelo'?

 

Como é? ’Violonchelo’ ou ’violoncello’? Aprendemos a escribir correctamente esta palabra coa axuda da rapazada da Federación Galega de Bandas de Música.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? X

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Lino.  Coñecido tamén como Lino de Volterra, chamado logo San Lino, nado en Volterra (na Toscana) e finado en Roma no ano 79, foi o segundo papa. Foi o primeiro sucesor de Pedro como bispo de Roma entre os anos 67-79. Daquela, o título de Papa aínda non fora creado. O seu sucesor sería Anacleto.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Unha persoa ATEA é…

- A que non cre en nada

- Non cre na relixión

- Non cre na existencia de Deus

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *anclado

 

Os barcos non están *anclados en galego porque *ancla é incorrecto!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? IX

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Somerxen ao bautizado na auga da pía bautismal. Durante os bautizos ortodoxos, somerxen aos bebés tres veces nunha pía bautismal chea de auga bendita, unha no nome do Pai, outra do Fillo e a última, no nome do Espírito Santo, mentres que na católica romana a auga derrámase sobre a cabeza do bautizado. Outras diferenzas son: na Comunión, os ortodoxos evocan ao Espírito Santo e ao comulgar reciben pan e viño, mentres que os católicos romanos utilizan pan non amasado (hostia) e normalmente non reciben o viño. Na Igrexa Ortodoxa non existe a Primeira Comunión. Respecto a os clérigos, no catolicismo imponse o celibato a todos os graos da xerarquía, mentres que os curas ortodoxos si poden casar, se o desexan, a condición de que non desexen chegar aos últimos chanzos da xerarquía. Os curas casados non poden chegar a ser bispos. Os sacerdotes católicos poden dicir varias misas o mesmo día e sobre o mesmo altar. Os ortodoxos non. A maneira de santiguarse é distinta. No credo oriental santiguanse de dereita a esquerda. Na liturxia, os ortodoxos utilizan a lingua arjaísusa coa que se traduciron os Evanxeos.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Na igrexa católica, o primeiro Papa foi San Pedro, o apóstolo máis importante de Xesús, a quen se lle deu a responsabilidade de dirixir a Igrexa. Pero cal foi o segundo?

- Clemente

- Anacleto

- Lino

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org  e elperiodicomediterraneo.com         Imaxe: es.wikipedia.org e ecured.cu

#DígochoEu: Como se di pingüín *barbijo?

 

Como se chama a especie de pingüíns *barbijos en galego? Esther Estévez acláranolo!

 #DígochoEu