Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? VIII

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Sikhismo. Tamén coñecido tradicionalmente como gurmat ou dharma sikh, é unha relixión do estado indio fundada por Gurú Nanak (1469-1540), que se desenvolveu no contexto do conflito entre as doutrinas do hinduísmo e do islam durante os séculos XVI e XVII na rexión de Punyab do Imperio mogol. O seu principal texto sacro é o Sri Gurú Granth Sahib Ji. As crenzas fundamentais inclúen a meditación espiritual constante sobre o nome de Deus (chamado Ek Onkar), ser guiado polo gurú en lugar de renderse ao capricho, vivir a vida dun cabeza de familia en lugar do monasticismo, a acción sincera ao dharam (rectitude, deber moral), a igualdade de todos os seres humanos e crer na graza de Deus. Aos seguidores do sikhismo chámanse sikhs. É a sexta relixión do mundo por número de crentes.​   

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Aquí tes a cruz ortodoxa e unha igrexa ortodoxa. A igrexa ortoxoxa unha igrexa cristiá, que se considera a si mesma como a igrexa unha, santa, católica e apostólica fundada por Xesús Cristo. Son moitas as diferenzas coa igrexa católica apostólica romana. Unha delas é refrente ao bautismo. Na igrexa ortodoxa..

- Derraman auga sobre a cabeza do bautizado

- Somerxen ao bautizado na auga da pía bautismal

- Non empregan auga para bautizar.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e elperiodicomediterraneo.com    Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Galego básico: bebidas

 

Imos con outra serie de palabras básicas do galego. Sabes o nome destas bebidas?

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *orzuelo

 

Non nos poden saír *orzuelos nos ollos! En galego temos varias formas para dicilo correctamente.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? VII

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Xudaísmo (). Tora é o texto texto que contén a lei e o patrimonio identitario do pobo xudeo, chamado Pentateuco no cristianismo. Refírese principalmente aos primeiros cinco libros da Tanagh (a Biblia Hebrea) que corresponde ao Antigo Testamento cristián, coñecidos tamén como Os cinco libros de Moisés: Xénese, Éxodo, Levítico, Números  e Deuteronomio.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Aquí tes o símbolo e o tempo sagrado Harmandir Sahib. De que relixión estou a falar?

- Hinduísmo

- Budismo

- Sikhismo

- Islamismo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? VI

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Gautama Buddha. Tamén coñecido como Siddhārtha Gautama, foi un príncipe que viviu do 563 a.C. ata o 483 a.C., no reino de Shakya (que hoxe en día sería parte da fronteira do Nepal coa India) e fundador do budismo (☸), e recoñecido universalmente polos budistas como o Supremo Buda da nosa era. Casado e cun fillo, aos 29 anos decidiu deixar a vida palaciana para vivir como un asceta na foresta. Practicou meditación e severas austeridades durante 6 anos ata que, aos 35 anos, tivo unha experiencia relixiosa á cal lle deu o nome de iluminación. A partir de aí pasou a ser coñecido como o Buda, máis especificamente como Buddha Śākyamuni. Viviu ata os 80 anos de idade, transmitindo as súas ensinanzas e conquistando unha grande lexión de discípulos, monxes ou leigos (sen ordenación monástica).

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Que relixión se basa nas ensinanzas do Tora?

- Cristianismo

- Xudaísmo

- Islamismo

- Bahaísmo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *flauta

 

A rapazada da Federación Galega de Bandas de Música tráenos unha nova palabra: *flauta.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? V

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Arabía Saudita. A Meca (Makkah al-Mukarramah) é considerada a cidade santa do islam, o centro relixioso que os que profesan a fe musulmá teñen a obriga de visitar polo menos unha vez na vida. No centro sitúase a Kaaba (unha construción cúbica de 15,24 m de altura e está cercada por muros de 10,67 m e 12,19 m de altura reverenciada polos musulmáns, na mesquita sagrada de Masjid al-Haram. Está permanentemente cuberta por unha manta escura con bordados dourados que é regularmente substituída. No seu interior atópase a Pedra Negra (Hajar-ul-Aswad), unha pedra escura de preto de 50 cm de diámetro, considerada unha das reliquias máis sagradas do islam).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Quen foi o maestro espiritual en cuxas ensinanzas fundouse o budismo?

- Zarathushtra Spitama

- Gautama Buddha

- Confucio

- Visuá Mitra

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: artisandasie.com/es

#DígochoEu: Galego básico: os sentidos

 

Saberías dicir os cinco sentidos en galego? Velaquí están!

 #DígochoEu