Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non escribas *camping

 

No verán podemos ir de *camping, pero moito ollo con como se escribe correctamente!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? IV

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Taoísmo. O taoísmo ou daoísmo é unha tradición filosófica e espiritual de orixe chinesa a cal salienta vivir en harmonía co tao. Para o taoísmo o ato constitúe a fonte, o patrón e a substancia de todo o existente. O Taoísmo establece a existencia de dúas forzas: unha pasiva, outra activa. Yin e yang aparentemente opóñense aínda que en realidade compleméntanse simultaneamente entre si, é dicir que son interdependientes de maneira absoluta e funcionan como unha unidade. O yin (forza pasiva/sutil, feminina, húmida...) e o yang (forza activa/concreta, masculina, seca...), representan o dinamismo da natureza, a orixe de todas as cousas manifestas ou existentes.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. En que país se atopa a “cidade santa” para os musulmáns?

- Siria

- Arabia Saudita

- Xordania

- Iraq

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: Tahir mq/es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? III

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Cristianismo (Christian cross.svg). Datos: Cristianismo 2.200 millóns de fieis, Islam 1.600 millóns de fieis, Hinduísmo 1.050 millóns de fieis e Budismo 480 millóns de fieis.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. O símbolo do Yin Yan a relixión está asociada?

- Budismo

- Taoismo

- Hinduísmo

- Sistoísmo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: laopinion.com

#DígochoEu: É correcto dicir 'salmorejo'?

 

Temos unha palabra específica para dicir ’salmorejo’ en galego ou é correcto dicilo así? Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: É correcto dicir 'dossier'?

 

Podemos dicir ’dossier’ en lugar de carpeta en galego? Esther Estévez acláranolo!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? II

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Hinduísmo (). É unha relixión henoteísta (crenza relixiosa segundo a cal recoñécese a existencia de varios deuses, pero só un deles é suficientemente digno de adoración por parte do fiel) tradicional da India. Considerada a máis antiga das grandes relixións do mundo aínda en práctica, o hinduísmo caracterízase por unha diversidade de sistemas de crenzas, prácticas e escrituras. Ten orixe na antiga cultura védica cerca de 3.000 a. C. Aínda que sexa xeralmente mencionado como unha relixión específica, o hinduísmo é máis correctamente descrito como un conxunto de relixións cunha linguaxe en común, pois ten pouca ou ningunha organización central ou base teolóxica compartida. As catro denominacións maiores do hinduismo son vaisnavismo, shivaísmo, shaktismo e smartismo.

Os elementos fundamentais do hinduísmo son a crencia en Brahman como principio supremo universal, o karma, a reencarnación e a liberación.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a relixión con máis seguidores do mundo?

- Budismo

- Cristianismo

- Hinduísmo

- Islam

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e significados.com

#DígochoEu: Non digas *cubo, *pala e *rastrillo

 

Se imos á praia con nenos non levamos nin *cubo, nin *pala nin *rastrillo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO?

A palabra relixión provén do latín religio, que á súa vez se definiu como "reverencia por Deus ou os deuses, unha meditación coidadosa das cousas e da piedade".

Das moitas definicións que hai sobre ela, das que escollin dúas:

A primeira, do teólogo canadense Bernard Joseph Francis Lonergan (1904-1984): “conxunto de experiencias, significados, conviccións, crenzas e expresións dun grupo, a través das cales os seus participantes responden as súas dialécticas de autotrascendencia e relación coa divindade”.

A segunda, do dicionario da RAG: “Conxunto de crenzas e prácticas propias dun grupo social, que atinxe ás súas relación”.

Son moitas as relixións do mundo e moitos millóns de persoas que as practican.

Propóñoche averiguar cando sabes sobre elas. Anímaste?

Pois empezamos!

 

1. Cal é a relixión máis antiga do mundo aínda en práctica?

- Xudaísmo

- Islam

- Hinduísmo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org