CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? IV
Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.
A contestación correcta á pregunta de onte era Taoísmo. O taoísmo ou daoísmo é unha tradición filosófica e espiritual de orixe chinesa a cal salienta vivir en harmonía co tao. Para o taoísmo o ato constitúe a fonte, o patrón e a substancia de todo o existente. O Taoísmo establece a existencia de dúas forzas: unha pasiva, outra activa. Yin e yang aparentemente opóñense aínda que en realidade compleméntanse simultaneamente entre si, é dicir que son interdependientes de maneira absoluta e funcionan como unha unidade. O yin (forza pasiva/sutil, feminina, húmida...) e o yang (forza activa/concreta, masculina, seca...), representan o dinamismo da natureza, a orixe de todas as cousas manifestas ou existentes.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. En que país se atopa a “cidade santa” para os musulmáns?
- Siria
- Arabia Saudita
- Xordania
- Iraq
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: Tahir mq/es.wikipedia.org
0 comentarios